lunes, 24 de junio de 2019

Arde Lucus (Noa)

Aquí temos á nosa compañeira Noa que foi á festa do Arde Lucus a Lugo e quixo contarnos o ben que o pasou e de paso explicarnos un pouco de que vai esta gran festa, xa que o último que limos en Sociais trataba precisamente dos romanos.

No finde do Arde Lucus en Lugo, Lucus Augusti en latín, houbo moitas cousas que ver e facer!

O primeiro que vimos foi unha dramatización sobre o que ocorría nos xuízos públicos romanos. Era moi inxusto! Os pobres soían perder e os ricos sempre gañaban o xuízo. Outra cousa na que me fixei foi en que a persoa que acompañaba ao xuíz, tíñalle que explicar o caso porque o xuíz non o entendía. 

Despois, paseamos polos mercadillos a mirar e o domingo a comprar. 

O que máis me gustou ven agora, o bautizo celta, no que coñecín aos seus deuses e teño un recordo! (un trozo de madeira cun símbolo celta). O segundo que máis me gustou foi o desfile, nun bando romano só había mulleres! As partes que máis me gustaron eran as que tiñan música. 🎶🎵🎶

Ao día seguinte, viñeron os avós, que non tiveron tempo de facer moita cousa... un paseo e facer fotos. 

Eu fun de romana durante os dous días. Levaba unha blusa e un vestido brancos, máis un bolsiño tamén branco, despois puxen unha túnica rosa e cinturón, na cabeza levaba unha coroa de flores tamén rosa. 

RECOMENDO MOITO O ARDE LUCUS!

Bicos!

Noa




Non houbo romana máis guapa! 😍

6 comentarios:

  1. Que chulada Noa!!, nunca fun ao Ardes Lucus, terei que ir un ano.😀 meus pais si que foron e miña nai unha vez a un concerto, un ano iremos todos.👌🏻
    Por certo, meu irmán iba de Castrexo no antroido, di que el non se vai rendir ante os romanos!!🤣🤣🤣🗡⚔️🛡
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Certo,ían xenial!😂🤣😂🤣👌🏼⚔️🛡️
      Pois así Xurxo xa ten o disfraz, agora vai pensando ti nun... castrexo ou romano? 🤔
      Gracias pola visita desta mañá! 😉

      Eliminar
  2. Terei que ir de castrexo para acompañar a Xurxo senón.... co chuzón que é....🤣🤣🤣🤣
    Encantoume visitarte!!😜😍
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  3. Como mola Noa!!!!🤩🤩🤩Ten unha pintaza!!!Eu e a miña familia teremos que ir algun ano.
    Son ✌xí✊


    ResponderEliminar
  4. Merece a pena ir polo menos unha vez Uxía!👍🏼😉

    ResponderEliminar