martes, 11 de junio de 2019

Arte rupestre

Hoxe explicaremos unha actividade ben chula! Para estudar a unidade da Prehistoria en Sociais, tivemos a colaboración dunha profe moi especial, a nosa compañeira Uxía!

En varias sesións, Uxía trouxo para mostrarnos un montón de material sobre as diferentes etapas da Prehistoria que aprendeu nunha visita ás famosas covas de Atapuerca.

Así, creou unha línea cronolóxica para resumir estas etapas da Prehistoria e as súas características a modo de pergamiño para logo plasmar nel a nosa propia versión de arte rupestre.

Tamén nos ensinou unha gran variedade de instrumentos, cordas, pedras, armas, cerámica... e mostrounos como funcionaba cada un deles. Unha auténtica marabilla!

Todo isto explicóunolo Uxía utilizando material, fotografías, vídeos, libros...

O mellor de todo é que tivemos a nosa parte práctica! Manipulamos pedras, cordas, puntas de lanza, cortamos coiro... e Uxía repartiu porcións de barro para moldear as nosas propias pezas de cerámica.

Noutros días, traballando na biblioteca e noutra sesión na clase, un por un fustes pasando polo pergamiño para que Uxía pintara coa técnica do soprado a contorna das vosas mans. Unha pasada vela en acción! Finalmente pistastes con carbón animais e figuras de cazadores mesturando técnicas naturalistas e esquemáticas como estudastes na unidade.

Con todo, aproveitamos as últimas sesións de Arts para rematar as nosas pezas de cerámica e decorámolas con pintura e pincel. Como remate expuxémolo todo na clase como recordo! 👌😊

En definitiva, unha das mellores actividades que tivemos este curso! Nada como levar á práctica o que estudamos para comprendelo mellor. 😉

Moitas gracias Uxía por esta master-class de Prehistoria! Se ao final decides ser presidenta, o mundo perderá unha gran profesora!


































































6 comentarios:

  1. Aleixo, non fun as covas de Altamira, foi en Atapuerca,cando fun as covas de Altamira,tiña 2 anos.
    Igualmente grazas a ti Aleixo por deixarme traer o material e a todos/as por salir como voluntarios/as. Eu tamén paseino moi ben👍👍 Espero que vos gustara moito esta actividade.
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ups... estaba relendo o texto e xa pensei: "Altamira vai ser que non...🤔"
      Vou correxilo! 👍🏼😉
      Foi xenial verte en acción Uxía! Estou moi orgulloso de ti.🤩

      Eliminar
  2. Eeehh... Olvidouseme, serei a primeira profesora_presidenta👍👍🤣🤣😂😂😂

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O meu voto xa o tes profe-presidenta! 📩😉🤣😂

      Eliminar
  3. Gustoume moito verte actuar Uxía e gustoume moito esta actividade.😀
    O papel fixéchelo ti ou compráchelo?
    Eu de maior creo que vou ser tamén profe-presidente, e vou ser profe de infantil.🤗
    Ata mañá.
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  4. Cantos bos profes vai haber! 👏🏼👏🏼👏🏼😉

    ResponderEliminar