jueves, 13 de junio de 2019

Excursión (A Coruña)

Onte tivemos unha saída do máis interesante a A Coruña. Alí visitamos tres lugares relacionados coas ciencias: DOMUS ou Casa do Home, a Casa das Ciencias xunto co Planetario e por último o Acuario ou Casa dos Peixes.

Unha vez que chegamos á cidade, fumos directos ao DOMUS, onde xa nos esperaban para ver tres breves documentais sobre o coidado do mar, sobre ciencia e a relación entre as abellas e as flores.

Ao rematar visitamos diferentes espazos onde puidemos manipular diferentes instrumentos, inventos e experiencias relacionadas coa ciencia. Tamén vimos todo tipo de ósos, instrumentos prehistóricos, lingua de signos, xogos, paneis informativos...

Despois fixemos unha breve pausa para coller forzas e aproveitamos para comer antes de dirixirnos á próxima visita.































A seguinte visita foi á Casa das Ciencias e ao Planetario.

Ao chegar fumos directos á planta superiror para gozar do ceo no Planetario. Alí vimos unha peli-documental de animación, o cal explicou un montón de cousas sobre as estrelas, os planetas, as galaxias... moi interesante!

Ao rematar, escoitamos unha breve explicación dunha simpática monitora para de seguido disfrutar dun montón de aparellos que había en tres plantas diferentes! Non dabamos a basto con tanto cachibache!




















E despois dun tentempé no parque ao carón do Planetario, dirixímonos hacia a Casa dos Peixes.

Ao chegar recibimos unha mala noticia, a sala Naitilus estaba pechada por reformas... Unha pena porque penso que é a parte máis molona do Acuario... Isto non quitou que disfrutáramos da visita,  que foi guiada por unha monitora que nos explicou moitísimas cousas sobre o mundo mariño durante dúas intensas horas. Rematamos a visita vendo as focas no exterior!




































A maiores, aquí tedes algunhas curiosidades que poñían nalgúns carteis informativos e que por falta de tempo sabía que non nos pararíamos coa monitora.




































E ata aquí deu esta pedazo de excursión! Espero que o gozárades e que aprendérades moito! 😉


6 comentarios:

  1. Foi unha excursión alucinante!! Paseino xenial!! O que máis me gustou foi o DOMUS porque había cousas moi interesantes, xa lle dixen na casa que tiñamos que volver os 4 outro día. 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻
    Eso si, cheguei ben cansado, durmín coma un Pepe!🤣🤣🤣😴😴
    Ata maña.
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Para a próxima seguro que xa está aberta a sala Naitilus, vaivos encantar! 👌🏼🦈🐟🐠🐡
      Eu tamén acabei cansadiño Gorka... 😅

      Eliminar
  2. Gracias Aleixo! Cantas fotos ...Eso quere dicir...que o pasamos fenomenal .Eu paseino moi ben 👍👍👍
    O museo que máis me gustou foi o DOMUS,de todas formas non me deu tempo a velo todo, teño que ir cos meus pais e con meu irmán outra vez os 3 museos para velos máis tranquilamente. Hai que estar atentos a ver cando abren o de Gastón para ir a mellor parte.
    Ata maña.
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tiñamos que ver moitas cousas... o que fai que non dea tempo a velas con tranquilidade, que é como se deben visitar.
      Na seguinte visita xa lle podes explicar cousas ao teu irmán. 👍🏼😉

      Eliminar
  3. Aleixo!o peixe parecese a cara a do dragón blanco da película da "Historia interminable" 👍🤣😂😂😂

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siiiii! Jajaja 😂🤣😂🤣😂🤣
      Que especie máis curiosa, moito nos rimos. 😆😆😆

      Eliminar