miércoles, 31 de octubre de 2018

Celebramos o Samaín!

31 de outubro, día do Samaín e na nosa escola celebrámolo ao grande con nenos/as e mestres/as disfrazados/as e maquillados/as, música de medo, cabazas nos corredores, terroríficos murais, lápidas, teas de araña, portas decoradas, monstros, vampiros, zombis, sustos entre os nenos, historias de medo, cancións de Samaín, películas... Un día de gardar! 💀👿👺👻😱😆

A nosa compañeira Sabela cóntanolo e ademais, queremos agradecerlle o seu esforzo, xa que tivo que redactar o texto e logo escribilo no blog ao final da mañá. Moi bo traballo Sabela! 😉


Hoxe foi un día especial! 

Cando entramos no cole, vimos a todos os profesores disfrazados. Subindo a clase vimos como estaba todo decorado con adornos de Samaín: cabazas, teas de araña, música de medo... Ao chegar a aula, Aleixo contounos o que íamos facer ao longo do día. 





Nas primeiras horas da mañá repasamos Naturais para preparar o control. Cando rematamos, Ainara, Uxía, Lía e eu practicamos diante dos nosos compañeiros/as a narración do conto que inventamos fai unhas semanas e que escribimos a limpo nunhas cartulinas. Logo viñeron os de 4º B e tamén llo contamos a eles, o que nos serviu como segundo ensaio.




No recreo todos xogamos disfrazados ata as 12:15h mentres soaba música de medo. Na hora de lectura fomos contar o conto aos nenos e nenas de 4 anos A. A continuación, cantamos todos xuntos a canción "Corre, corre cabaciña; corre, corre cabazón". Antes de regresar a clase, paseamos polo cole para ver as portas decoradas de cada curso. 









Ao final da mañá, os de 4º B viñeron a nosa aula para ver unha película chamada "La bruja novata", pero antes os que trouxeron cabaza foron a recollela. Durante a peli, Uxía repartiu uns riquísimos "dedos de bruxa" e unhas deliciosas "galletas de araña".





Pasámolo de medo!

Sabela.



Sabela, Lía, Ainara e Uxía: quérovos dar as gracias polo voso esforzo e interese nesta actividade. Estivéchedes xenial en todas as lecturas. Estou moi orgulloso de vós! 👌

martes, 30 de octubre de 2018

Este colexio mete medo!

Coa chegada do Samaín a escola estase a decorar dun xeito terrorificamente divertido!

Ao longo destes días, os nenos e nenas de 4º pintaron e recortaron banderíns representando distintos personaxes de terror: fantasmas, caras de Frankenstein, esqueletos, morcegos, cabazas... para despois colgalas nos corredores.










Isto tamén o traballamos os nenos e nenas de 3º. Mirade que ben o fixeron!





Ademais, os nenos e nenas de todos os cursos foron traendo unha cabaza decorada e pouco a pouco a entrada foi sendo invadida por cabazas arrepiantemente orixinais!  Vedes a vosa?









Tamén poderemos ver distintos rincóns do cole decorados: biblioteca, zona de psicomotricidade, corredores, portas de despachos, ventás...






























Por último, dicir que este ano volve haber concurso de portas decoradas (o ano pasado conseguimos o primeiro premio!). Este ano bromeamos sobre o mal que o pasaría un vampiro na nosa terra con tanta comida típica ao allo...  😜



Mañá daremos unha volta polo centro para ver as portas decoradas de cada aula.
Son unha auténtica pasada! Ollade!












































Cal é a vosa favorita? Podedes votar ao longo desta semana nun comentario e o luns saberemos cal foi a preferida de 4ºA. Non vale votar polo noso... 😏