viernes, 19 de octubre de 2018

Castelao maxistral

Co comezo da fin de semana, non quería deixar pasar a oportunidade de recomendar unha exposición ben interesante na Cidade da Cultura adicada a Castelao e ao mundo escolar. Trátase dun conxunto de debuxos, libros, revistas e outros documentos relacionados coa escola da época. O cadro "A derradeira leición do mestre"  é a verdadeira estrela da exposición, xa que nos visita desde Arxentina a onde retornará no mes de marzo. Ademais, poderedes ver unha réplica dunha aula da época cedida polo MUPEGA e que nós xa puidemos disfrutar no noso propio centro o curso pasado, lembrades?

Na clase falamos un pouco disto e pensamos que sería moi interesante acudir a velo, tanto para os pequenos como para os maiores da familia.

Recomendo que vaiades con guía. Hai visitas guiadas os sábados e domingos ás 12.30h e 17.30h. Din que non é necesario reservar, pero coidado porque hai un máximo de 25 persoas por grupo. Informádevos.

Gozade da fin de semana!




5 comentarios:

  1. Ola Aleixo, son Simón Gestal.O luns gustaríame levar unha colección de libros de Castelao que teño que se chaman Cousas da vida. Podo levalos?

    ResponderEliminar
  2. Claro que podes Simón, así podemos comentar algúns dos seus debuxos.
    Eses son os libros aos que me refería onte e son os meus favoritos de sempre!

    Boa fin de semana!

    ResponderEliminar
  3. A exposición ten moi boa pinta. Na miña casa xa oiran falar dela e intentaremos ir vela algún domingo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xenial Uxía! Xa me contarás que che pareceu.

      Eliminar