jueves, 25 de octubre de 2018

Educación vial

O xoves, 11 de outubro, os nenos e nenas de 4º recibiron a visita da policía local de Santiago para falar sobre educación vial. En principio consistiría nunha charla e despois ir visitar a comisaría, pero o tempo ameazaba con chuvia e a visita tívose que pospoñer... O noso compañeiro Álex cóntanolo.

Un día apareceu unha parella de  policías co seu uniforme.  Viñeron a ensinarnos como circular correctamente pola rúa. Utilizaron a pantalla dixital para mostrarnos fotografías e vídeos nos que vimos como circular pola rúa, por onde e como se cruza, por onde podemos andar en bici, coñecer os sinais de tráfico, usar de maneira adecuada a silla dos nenos, as multas, etc.

Logo íamos ir á comisaría con eles, pero como parecía que ía chover, non puidemos ir. Así que seguimos falando. Todos fixemos un montón de preguntas e eles contestáronas.

Ao rematar, Aleixo falou con eles para ir á comisaría outro día. Todos cofiamos nel!

Alexandre.






Como xa sabedes, visitaremos a comisaría o luns, día 5 de novembro. Agardemos que non chova!

6 comentarios:

  1. Ola, son Gorka. A educación vial e moi importante para evitar accidentes. A charla gustoume moito e estou desexando ir a comisaría .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi certo o que dis Gorka. Temos que levar á práctica todo o que nos dixeron os policías.
      Todos estamos desexando ir á comisaría!

      Eliminar
  2. Tes razón, e cando vaíamos a comisaría dos policías.Ademais cando vaíamos se a xente cruce en vermello vamos preguntarlle por qué cruza en vermello.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso é Uxía, a ver que responde a xente cando se vexa "cazada" pola policía...
      Vai ser divertido!

      Eliminar
  3. Eu estou da cordo. Hai que levalo a practica.Noa.

    ResponderEliminar