martes, 30 de octubre de 2018

Este colexio mete medo!

Coa chegada do Samaín a escola estase a decorar dun xeito terrorificamente divertido!

Ao longo destes días, os nenos e nenas de 4º pintaron e recortaron banderíns representando distintos personaxes de terror: fantasmas, caras de Frankenstein, esqueletos, morcegos, cabazas... para despois colgalas nos corredores.










Isto tamén o traballamos os nenos e nenas de 3º. Mirade que ben o fixeron!





Ademais, os nenos e nenas de todos os cursos foron traendo unha cabaza decorada e pouco a pouco a entrada foi sendo invadida por cabazas arrepiantemente orixinais!  Vedes a vosa?









Tamén poderemos ver distintos rincóns do cole decorados: biblioteca, zona de psicomotricidade, corredores, portas de despachos, ventás...






























Por último, dicir que este ano volve haber concurso de portas decoradas (o ano pasado conseguimos o primeiro premio!). Este ano bromeamos sobre o mal que o pasaría un vampiro na nosa terra con tanta comida típica ao allo...  😜



Mañá daremos unha volta polo centro para ver as portas decoradas de cada aula.
Son unha auténtica pasada! Ollade!












































Cal é a vosa favorita? Podedes votar ao longo desta semana nun comentario e o luns saberemos cal foi a preferida de 4ºA. Non vale votar polo noso... 😏

9 comentarios:

  1. Na nosa casa votamos pola porta de segundo A.
    Gorka

    ResponderEliminar
  2. Son Uxía,eu teño 3 favoritas:5anos A,5° C e 5°B.
    Está díficil...pero voy votar por...5 anos A.
    Que pasedes un terrorífico Samaín😈👻💀👿😱👻

    ResponderEliminar
  3. Hola!Son Simón Casas,a miña porta favorita é a de 5C.😁😁😁

    ResponderEliminar
  4. Hola, son Xabi e a porta que máis me gustou foi a do esqueleto feito de rollos de papel hixiénico, non lembro de que curso é.

    ResponderEliminar
  5. Ola! Son Sergio, todas as portas foron moi boas, a min a que mais me gustou foi a de 5 anos A.

    ResponderEliminar
  6. Ola son Sebastián. Eu voto pola porta con tablóns e mans zombies. É a de 5ºC.

    ResponderEliminar
  7. A que mais me gusta é a porta con fantasmas con cabazas debaixo.
    Son Salomé.

    ResponderEliminar
  8. A min gustáronme dúas portas:a que tiña un esqueleto feito por rollos de papel hixiénico que era a de 5 anos A e a porta da clase da miña irmá Iria que é a que tiña unha bruxa voando sobre un castelo de noite que é a porta de 3 anos C .creo que vou votar por a porta de 3 anos C .Creo que na de 3 anos C os nenos participaron máis que na de 5 anos A porque aparecen fotos súas .Son Clara.

    ResponderEliminar
  9. A min gústame a que ten un castelo, unhas pantasmas e unha bruxa. Ainda que todas son moi fermosas!
    Sabela.😍😍😍

    ResponderEliminar