martes, 23 de octubre de 2018

MeteoGalicia

Aproveitando que a primeira unidade de Sociais trataba o tempo atmosférico e o clima, decidimos facer unha visita ao centro de interpretación MeteoGalicia para aprender dun xeito máis práctico.

Elías foi un dos alumnos máis participativos daquela mañá e vainos contar en que consistiu e que lle pareceu a experiencia.

Se alguén quere aportar algo máis, escribide un comentario!

Visitar MeteoGalicia foi moi interesante e divertido porque sempre quixen saber o que era... e agora xa o sei!  

Molou moito ver soltar o globo meteorolóxico. Dixéronnos que cada vez se ía facendo máis e máis grande ata que chegaba un momento que estoupaba!

Despois, subimos ao piso superior onde unha rapaza deunos unha charla e púxonos imaxes sobre as cousas que demos no tema de Sociais. Soubemos case todo o que ela preguntou!

Logo, baixamos a outra sala e un chico ensinounos un vídeo onde nos partimos de risa porque un boneco de Hello Kitty viaxaba nun foguete ata o espacio e volvía caer á Terra. Máis tarde, ensinounos aparellos meteorolóxicos como o pluviómetro, o barómetro, o higrómetro... e fíxonos preguntas.

Por último, regaláronnos uns lapis molones!

Encantoume visitar MeteoGalicia!

Elías.



4 comentarios:

  1. Gustoume ir a meteogalicia porque na casa cando miramos o tempo facemolo en meteogalicia.
    Fíxome ilusión coñecer outro aparello, o heliógrafo.
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moita xente consulta Meteogalicia polo móbil para saber o tempo que vai facer e agora nós coñecemos o seu funcionamento por dentro!
      Moi ben o do heliógrafo Gorka, un aparello ben curioso que o libro de texto non mencionaba.

      Eliminar
  2. Elías non te acordas de cando chamaron da radio?E que logo chamoulle un amigo ? Noa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben Noa! Esperaba que alguén o dixera 👍

      Eliminar