miércoles, 24 de octubre de 2018

Día da biblioteca

Hoxe, 24 de outubro, conmemórase o día da biblioteca e o noso cole celebrouno con varias actividades ao longo da xornada.

Para comezar, pintamos marcapáxinas coa mascota da nosa biblioteca, o polbo Lolo, que serán debidamente plastificados para o seu uso.

Na hora do recreo houbo sorpresas, xa que en vez de ir os nenos e nenas á biblioteca, foi a bibliotreca quen veu ao patio habilitándose diferentes espazos para curiosear, rebuscar e ler libros en compaña doutros nenos.

Ao subir, puidemos disfrutar dun conto titulado "Unha escola nas nubes" narrado e interpretado pola escritora e mestra María José Gulín, que quedou encantada coa vosa participación ao final da historia!

Aquí vos deixamos unhas fotos!



  








6 comentarios:

  1. O contacontos estivo moi ben ...e vaia sorpresa!👏👏👏
    E o patio estivo moi chulo cheo de libros.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Penso o mesmo Uxía! A min encantoume ver a tantos nenos lendo en distintos sitios do patio.
      Un día diferente!

      Eliminar
  2. O contacontos gustoume moito, eu xa coñecía este conto porque téñoo na casa, de saber que iba vir teríao levado para firmar.
    Encantoume ver os libros no patio.
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois foi unha pena Gorka, a actividade foi organizada pola biblioteca do cole e eu tamén me enterei ese mesmo día. Pero polo menos podes presumir de que coñeciches a autora!
      Xa vin que disfrutaches moito lendo no patio!

      Eliminar
  3. Pillachesme na foto!!!Era entretido Billie B. Brown . Primeiro Clara leu un pouco conmigo e logo ela foise . Ben chulo estivo o día porque encantoume o día!!!Este colexío...chulo . Besos,Noa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Encántame verte sempre cun libro baixo o brazo Noa! 😊

      Eliminar