viernes, 26 de octubre de 2018

Saír da zona de confort

Levamos xa varios días lendo o libro "Wonder" e xa comezamos a debater sobre temas moi interesantes, pero tamén complicadas de entender... Para iso estamos no cole, para aprender cousas que moitas veces non están nos libros de texto, non credes?

Así que como cada venres, na nosa hora de biblioteca, lemos e falamos sobre o que lle pasa ao protagonista de "Wonder", August, e isto levounos a falar sobre a zona de confort: o que significa e o positivo que é saír dela de vez en cando para acadar novas aprendizaxes. Isto non sempre é doado de facer e falamos de diferentes exemplos.





Tamén comezamos a facer as nosas propias portadas de "Wonder".






Ademais de falar sobre a zona de confort durante estes días, hoxe fixemos unha pequena ficha que todos e todas deben rematar para o próximo venres e así compartir diferentes experiencias.

Para finalizar, vimos este vídeo que espero que recomendedes ver na vosa casa.

Sede valentes!


2 comentarios:

  1. A grandes rasgos, a zoa de confort é un estado mental que non permite o crecemento persoal e todos aqueles fenómenos vinculados co aprendizaxe de conductas que nos fan lograr un alto grao de satisfacción co xeito no que se vive a vida.
    Aínda que esta zoa de confort poida parecer agradable (xa que nos permite seguir sempre co "piloto automático" posto), non é un lugar suficientemente estimulante e á larga non sair dela pode facer que nos sintamos vacíos e se caia na apatía ou en certas dinámicas de comportamento relacionadas coas depresións.
    Debemos sair da zoa de confort a tódalas idades porque nos fará máis fortes como persoas, porque nos fará máis creativos, permitiranos gañar autoconfianza, coñeceremos xente nova e viviremos novas experiencias, seguiremos co desenrolo persoal e evelleceremos moito mellor... Non necesitamos máis motivos, saiamos da zoa de confort, sexamos valentes !! 😘

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Efectivamente! O nenos e nenas deben coñecer estas situacións persoais. Penso que é positivo que nós, como adultos, lles falemos destas cousas para que o vaian entendendo pouco a pouco e se den conta que non lles vai pasar a eles sós.

      Eliminar