martes, 16 de octubre de 2018

Barceloooonaaaaaa!

Fai uns días deixounos a gran artista Montserrat Caballé, unha das máis admiradas cantantes de ópera do mundo!

Na clase falamos un pouco dela,  de música clásica, de ópera... e isto levounos a falar doutros artistas, entre eles Freddy Mercury e a súa banda de rock Queen. Estes últimos xa eran máis coñecidos por algúns nenos e nenas, pero cando comentei que ambos colaboraran xuntos, non puiden evitar rir polas caras de sorpresa que tiñan todos...

Ópera e rock xuntos?

A canción titúlase "Barcelona". Mirade o vídeo e comentade que vos parece!






8 comentarios:

  1. A canción é moi impresionante, a música xunta a personas moi distinta.
    Ata maña.
    Un saúdo Uxia.
    Barcelonaaaaaaa...

    ResponderEliminar
  2. Que razón tes Uxía!
    A música é unha linguaxe universal que sempre une.

    Boas noites e vémonos mañá!

    ResponderEliminar
  3. Tremendo duo,
    que ben cantan,
    ata maña

    Alexandre

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tiñan moito talento e nós moita sorte de poder disfrutar deles!

      Ata mañá Álex!

      Eliminar
  4. Eu escoitei a canción moitisimas,
    veces a canción.
    Barcelonaáaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa.

    Son Elías.😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu tamén levo estes días farfullando polo baixo... Barceloooooonaaaaaaaaaaa!
      Na miña casa pensan que estou perdendo a cabeza, jajajaja.

      Pásao ben esta fin de semana!

      Eliminar
  5. Ben, encantoume o video . Pena que morreran, os dous se non poderìan cantar xuntos outra cousa. Aleixo o mellor, Noa

    ResponderEliminar