miércoles, 30 de octubre de 2019

Samaín!

Hoxe pasámolo de medo! 👻🎃💀

Durante esta semana fixemos varias actividades relacionadas co Samaín. Divertímonos co xogo de mesa "A noite do meigallo", decoramos a porta da nosa aula, fixemos un gran mural da Santa Compaña para colocalo no corredor, limos e comentamos sobre diferentes personaxes propios do noso Samaín como a Santa Compaña, o Lobishome, a Orcavella, o Papón ou a Meiga Chuchona. Ademais, déronnos un tríptico informativo con lecturas recomendables desta temática.
Moi interesante!






















Ademais da nosa porta houbo moita máis decoración! Nas portas de outras aulas, nos corredoiros coas vosas fantásticas vasoiras decoradas, a entrada da biblioteca (especial mención e agradecemento á mamá de Amparo polo seu bo traballo!), na zona de infantil... Unha auténtica chulada!

Finalmente hoxe puidemos ver o terrorífico mural principal xunto coas cabazas que trouxestes da casa. Todas elas magníficas!

Os vosos disfraces estaban xeniais e houbo momentos épicos e divertidos!! 😂

Ao longo do día, fixemos varios talleres:
- Carreira de sacos (con Roi).
- Taller de máscaras (con Mari Carmen).
- Lendas de Samaín (con Iria).
- Taller de maquillaxe (con Henar e Ivette).

No recreo festexamos o Magosto merendando castañas todos xuntos. 🌰

E rematamos a mañá vendo a película La novia cadáver, do cineasta Tim Burton. 👰💀📺






















































Gozade desta fin de semana taaaaaan longa e pasádeo de medo este Samaín! 🎃😉