martes, 29 de octubre de 2019

A noite do meigallo!

Estamos en época de Samaín! Momento de pasalo de medo dentro e fóra do cole! 🎃🔮👻💀

Días atrás ía eu paseando polas rúas de Compostela, cando me chamou a atención o escaparate dunha xoguetería. Nela había un xogo de Samaín que me tiña moi boa pinta, así que entrei en busca de máis información. O que máis me gustou foi que estaba baseado en adiviñas, personaxes de terror, conxuros... e ademais en galego! Non tardei en decidirme a compralo para a aula aproveitando esta época.

Unha vez na clase, xuntámonos todos no recuncho de lectura para ler as instrucións entre todos e todas e así poder xogar coñecendo as regras. Ademais, traballaremos algunhas das adiviñas durante estes días en Lingua.

Encantoume vervos xogar en diferentes sitios coma na biblioteca, na aula ou no patio! 😊












10 comentarios:

  1. Gústame moito este xogo!!!!!!!
    AITANA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome Aitana!
      A min encántame vervos xogar con el. 👌🏼😊

      Eliminar
  2. O día que nos presentaches o xogo pareciume maravilloso xogui na biblioteca no recreo do comedor con Anna, Paula,Antia e Paula de cuarto de primaria e gustoume😁😁

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben que vos gustara o xogo Álvaro!👏🏼👏🏼👏🏼
      Sempre o vades ter a vosa disposición, tan só hai que pedirmo. 👍🏼😉

      Eliminar
  3. Xoguei na biblioteca foi un error😉😉

    ResponderEliminar
  4. Onde pon o mensaje do día que nos presentaches o xogo e o do error son de Alvaro

    ResponderEliminar
  5. Por aquí xa hai quen pensa en pedir este xogo a Papá Noel ou polo seu cumpre.
    Saùdos. (Nai de Laura B.).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Mercedes!
      A verdade é que o xogo tivo moito éxito.
      A día de hoxe seguen xogando a el, sobre todo no recreo depois de comer. 👍🏼😉

      Eliminar