viernes, 25 de octubre de 2019

Sesión no laboratorio

Fai uns días tivemos a sorpresa de ir traballar ao laboratorio con Álex, un profe de secundaria. 🔬

Para organizarnos, primeiro foi unha metade da clase para de seguido acudir a outra metade. Como eu quedei na clase para continuar co traballo ordinario, só puiden facervos unhas fotos, pero contamos coa axuda da nosa compañeira Aldara para o resumo de todo o que fixestes e aprendistes no laboratorio.

Podedes comentar o que máis vos gustou da experiencia! 😉

Ola a todos! 
Fumos ao laboratorio toda a clase e pasámolo xenial! 
Álex, o profesor de bioloxía e xeoloxía da ESO, ensinounos o que tiñamos que facer. 
Por parexas, observamos distintas cousas en microscopios e lupas: un cultivo feito por Álex cheo de protozoos (pequenos seres vivos que se movían moi rápido), follas, insectos disecados, unha cuncha de caracol e tamén contabamos con bastonciños para mirar os xérmenes da nosa saliba, cera do oído... 
Mariquiña máis eu observamos un pequeno anaco de cerebro e páncreas de coello que tiña Álex nuns portas metidos nunha caixa de madeira e tamén as ás dunha bolboreta que parecían de seda con puntiños dourados. 
Antía, por exemplo, observou a cuncha do caracol. Chamoume para que a vira e, a verdade, gustoume moito!
En resumo, creo que o pasamos xenial  e desexamos volver canto antes!

Aldara












10 comentarios:

  1. Que ben!A min encantoume a experiencia no laboratorio.
    Aldara.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben que che gustara tanto, Aldara!
      Agardamos volver pronto...😁

      Eliminar
  2. Ola!,resulta moi emocionante a vosa actividade no microscopio...Madía levades...
    Luis, o pai de Aldara.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Todo o que seña escapar un pouco dos libros de texo aproveitarémolo... 😉
      Un saúdo Luis!

      Eliminar
  3. Moi ben feito Aleixo de Esteban

    ResponderEliminar
  4. Que bos somos no laboratorio de Esteban

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi bos Esteban!
      O profe Álex xa me dixo que traballastes moi ben. 👍🏼🙂

      Eliminar
  5. A min encantoume ir ao laboratorio a buscar co microscopio bacterias, protozoos... A min gustariame volver. Álvaro. 🔬🔬🔬😉😉😁

    ResponderEliminar
  6. Alégrome que che gustara a actividade Álvaro! 👏🏼👏🏼👏🏼
    Eperemos ter máis oportunidades de volver. 👍🏼😉

    ResponderEliminar