lunes, 28 de octubre de 2019

Blog de NDLG

Compráceme comunicarvos que dende hoxe nace un novo blog no noso centro educativo.

Trátase do blog do equipo de Normalización e Dinamización de Lingua Galega (NDLG) do cal eu formo parte xunto con outros docentes e alumnado de secundaria.

Neste espazo mostraremos actividades, novas, traballos e celebracións de datas sinaladas, todas elas relacionadas coa nosa lingua e cultura. 💙

Ademais contaredes con algún que outro enlace de interese.

Anímovos a que o consultedes de vez en cando! 👀

ndlgsanvicente.blogspot.com 

Tamén encontraredes o seu enlace na páxina web do centro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario