viernes, 18 de octubre de 2019

Novo curso en A Baña!

Os blogs educativos, xa sexan de aula, centro ou dunha persoa en concreto, poden ser unha ferramenta moi útil, xa que permiten a profesorado e alumnado publicar contidos de interese e compartilos  co resto da comunidade educativa.

Este espazo, titulado SumAndo sen restar, busca ser un espazo educativo onde mestre, alumno/a e familias aporten para unha aprendizaxe en común. Desta maneira, ademais de funcionar como un diario de clase, o blog tamén será un fío no cal escribiremos textos, publicaremos imaxes e fotografías, subiremos vídeos, compartiremos novas, mostraremos actividades... todo relacionado co que aprendemos na escola.

É o segundo ano de vida de SumAndo sen restar e neste curso múdase de Santiago a A Baña. Queremos que sexa un blog interactivo e participativo. Non é o blog de Aleixo, é o NOSO blog, de todo o alumnado e as súas familias que participen nel ao longo dos cursos escolares. Por iso, pedimos responsabilidade no seu uso, así como respecto e educación por parte de todos e todas.

Agardo que aprendamos os uns dos outros e gocemos todos e todas!

Benvidos e benvidas! Comezamos un novo curso en... SumAndo sen restar! ☺



No hay comentarios:

Publicar un comentario