martes, 22 de octubre de 2019

Biblioteca de aula (Aroa)

Unha das primeiras actividades que fixemos ao inicio deste curso foi completar a nosa biblioteca de aula.

Entre todos e todas falamos de quen o desexara, consensuado coa familia, podería traer libros da casa para recomendar e compartir co resto de compañeiros e compañeiras.

A idea parece que gustou e algúns de vós fustes traendo títulos de todo tipo.

Comezamos con Aroa que aportou un montón de libros moi variados o que enriquecerá a nosa biblioteca de aula. Moitísimas gracias pola túa aportación Aroa! 📚😊


No hay comentarios:

Publicar un comentario