lunes, 21 de octubre de 2019

Presentámonos!

Nestas primeiras semanas de curso xa fixemos varias actividades, xogos, exposicións... e o que nos queda!
Ao longo dos próximos días iremos mostrando estas actividades! 👌

Pero hoxe toca presentarnos para coñecernos mellor, polo que cada neno e nena escribiu unhas liñas. 😊

- Ola ,chámome Amparo. A miña materia favorita é E.F., Relixión e Plástica porque son nas que máis actividades facemos. Non me gusta ,Matemáticas porque "rompemos a cabeza". Gústame estar na natureza, xogar coa tableta electrónica, ler...
- Ola, chámome Aldara. A miña materia favorita é Lingua e Lengua porque me gusta moito falar nos dous idiomas. Non me gusta Matemáticas porque non me gusta facer operacións. Os meus hobbies son patinar, ler, facer papiroflexia e manualidaddes.
- Ola, chamome Hugo. A miña materia favorita é E.F., Mates e Plástica porque son as máis guais e molan moito, encántanme!! Gústame xogar no xardín, xogar cos meus cans e coa consola...
- Ola, chámome Anna. A miña materia favorita é Plástica porque gústame moito debuxar. As que máis me custan son Matemáticas e Sociais. Os meus hobbies son natación, ximnasia rítmica, debuxar e facer manualidades.
- Ola, chámome Ángel e gústame moito E.F. e Galego porque se me dan moi ben e gústanme moito. A materia que menos me gusta é e sempre foron as Mates, porque non me gustan as contas para nada! Os meus hobbies son ir a casa dos meus amigos, ler libros... e o que máis me gusta sen duda algunha é o fútbol, encántame! Bueno, ata logo.
- Ola, chámome Danilo. Gústame moito E.F. porque me entretén e dáseme moi ben. A área que peor se me dá é o Inglés. Os meus hobbies son o fútbol e ler libros.
- Ola, son Nuria. A miña asignatura preferida é Plástica porque gústame debuxar, pintar e facer manualidades. A materia que menos me gusta é Música porque é un pouco aburrido. Os meus hobbies son debuxar, bailar e ás veces tamén cantar.
- Ola, chámome Saray. A miña materia favorita é a Música e a que menos me gusta é Matemáticas e Educación Física. Os meus hobbies son montar na bicicleta e ler .
- Ola, chámome Aitana. A miña materia favorita é E.F. porque me gusta a ximnasia. A materia que menos me gusta é Música porque é aburrida. Os meus hobbies son a ximnasia rítmica, natación, baile moderno e pintura.
- Ola, chámome Ana. A miña asignatura fovorita é Educación Física porque divírtome moito. A que menos me gusta é Matemáticas porque dáseme un pouco mal... Os meus hobbies son andar na bicicleta, ir andar, baile moderno e pintura.
- Ola, chámome Mariquiña. A miña materia favorita é Plástica porque facemos moitas manualidades e outras cousas. A materia que menos me gusta é Mates porque facemos moitas cousas... pero gústame igual. Os meus hobbies son ler, xogar e pintar.
- Ola! Son Sandra. Gústame as Mates, Castellano e Educación Física, porque gústame facer contas, gústame o idioma e porque me gusta estar en movemento. A materia que menos me gusta é Galego porque ainda que sexa galega á hora de escribir confundo o galego  co castelán... Os meus hobbies son: andar en bicicleta e todo o relacionado con animais, especialmente os cans.
-Hola son Laura Buj. A miña materia favorita é Educación Física, Música e Matemáticas porque gústame o deporte e estudiar. Non me gusta nada Sociais porque é moi aburrido! Os meus hobbies é a música porque é moi divertida e vou ao consevatorio a practicar o clarinete.
- Ola! Son Nicolás. As materias que máis me gustan son as Matemáticas, as Ciencias e Educación Física. As materias que menos me gustan son as lenguas porque se me dan mal... Os meus hobbies son escoitar música, xogar cos amigos e coñecer Galicia.
- Ola, son Antía. A miña materia favorita é Relixión, porque facemos moitas manualidades e a profesora é moi boa. Levo dende infantil con ela! Inglés é a miña materia que menos me gusta, ainda que tamén me gusta moito. Os meus hobbies son: ler, as manualidades e tocar o piano.
- Ola, son Aroa. A miña materia favorita é Educación Física porque me gusta e porque me entretén. A materia que menos me gusta é Relixión porque non me gusta nada! Os meus hobbies son andar en bici, viaxar e as manualidades.
- Ola! Son Olivia. As miñas materias favoritas son Plástica e Matemáticas. Plástica porque me encanta debuxar e Matemáticas porque me gusta facer divisións e multiplicacións. A materia que menos me gusta é Sociais porque me costa algo máis aprendela que as outras... Os meus hobbies son montar a cabalo, tocar a gaita, tocar o oboe, montar en bicicleta e preparar postres.
- Ola, chámome Laura Ramas. A materia que máis me gusta é E.F. porque encántame correr! A materia que non me gusta é Inglés porque non entendo moi ben... Os meus hobbies son informática e os deportes.
- Ola, son Esteban. Gústame moito Educación Física porque se me da ben. A asignatura que menos me gusta é Inglés. Gústame andar en bici e xogar ao futbol!
- Ola, chámome Álvaro. A materia que máis me gusta son as Matemáticas e Relixión porque as Matemáticas me entreteñen un pouco e son divertidas e Relixión porque de maior quero ser cura e así aprendo moito. A materia que menos me gusta é Educación Física porque é moi dura, ainda que facemos xogos. O que máis me gusta é pintar, tocar a gaita, viaxar, ir de festa e ir ás Cancelas a Santiago a pasalo ben!
- Ola, son Paula. Gústanme as Mates porque gústanme os números e os problemas. Non me gusta Sociais porque hai moito que estudiar... Encántame cantar, debuxar, estar coas miñas amigas...
- Ola, chámome Pilar. A min gústame E.F. porque fas exercicio e ao mesmo tempo devírteste. Inglés é a asignatura que menos me gusta porque hai moitas cousas que non entendo... O que máis me gusta é cantar porque de maior quero ser cantante!

Como vedes hai gustos para todo!
Temos maneiras de ser diferentes, gustos distintos e afeccións variadas... pero un mesmo obxectivo: aprender, respectar e tolerar.


14 comentarios:

  1. Moi guapos tod@s!! A seguir sumando logo... xenial Aleixo!!!

    ResponderEliminar
  2. Saúdos a tod@s, apertas e vouvos a seguir durante o curso....alégrome e son Luis!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias polos ánimos Luis!
      Espero que gocedes do blog durante o curso.
      Un saúdo!

      Eliminar
  3. Ola! Son Aldara.Moi ben feito Aleixo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Aldara!
      Vós si que o facedes ben!👌🏼
      Vémonos mañá!👍🏼😉

      Eliminar
  4. Cato molamos, Aleixo.
    Hugo

    ResponderEliminar
  5. O comentario de que estabades moi guapos era meu Aleixo, pensei que saería xa o meu nome.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Localizados estades! 👍🏼
      Gracias por comentar e participar. 😊

      Eliminar
  6. Anónimo29.10.19

    hola aleixo empezaste otro bog

    ResponderEliminar
  7. Ola Aleixo son Amparo teño ganas de poñer moitas cousas , xa che direi as miñas ideas ,
    adeus!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estupendo Amparo!
      Que ben que teñas ganas de participar no blog. 👌🏼😊

      Eliminar