viernes, 20 de diciembre de 2019

Bo Nadal!

E chegou o último día de clase do primeiro trimestre!
Por fin rematan as clases e comezan as vacacións de Nadal!
👏👏👏🎊🎉🎇

Aínda que sei que algúns e algunhas de vós non vos importaría seguir coas clases, o cal éncheme de gozo, tamén é verdade que un descansiño é necesario para recargar as baterías e continuar co curso.

Durante estes días tivemos decoración feita polo alumnado en varios recunchos do colexio: postais navideñas, árbore de Nadal, mapa-mundi coas diferentes celebracións desta época en diversos lugares do planeta, portas e corredoiros decorados, murais, un inmenso e precioso Belén...







Hoxe volvimos ter unha visita que tiña que ver coa maxia... Papá Noel pasou por A Baña para coñecer aos cativos e cativas da nosa escola e tivemos a oportunidade de falar con el!
Fará realidade os nosos desexos? 🎄🎅🎁








Despois do encontro con Papá Noel, fumos ao patio a degustar unha chocolatada con churros! E iso que íamos cargados e cargadas de comida... xa que sumada á nosa merenda e os gusanitos que nos deu Papá Noel, tiñamos galletas, magdalenas e chocolatinas feitas na casa e repartidas polas nosas compañeiras Aldara, Olivia e Amparo. 🍪🍫☕

Mentres gozabamos do chocolate, escoitamos cancións tocadas en pleno directo por rapazas da ESO. Que artistazas! 🎶🎵🎸🎹




Finalmete, para rematar o día fumos ao pavillón para participar nuns xogos populares guiados por monitores e monitoras de tempo libre. Que ben o pasamos! 👌😄




























Espero que gozárades deste último día. 😉

Deséxovos a todos e a todas, xunto coas vosas familias, unhas moi boas festas e un aninovo cheo de boas novas. Gozade do Nadal! 💖😊



jueves, 19 de diciembre de 2019

O mago Teto

Hoxe gozamos da visita do mago Teto. 👀🔮🐇🎩

A última hora da mañá xuntámonos todos e todas no patio cuberto para asistir ao espectáculo do mago Teto e botámonos unhas boas risas cos seus trucos e bromas...
😂😂😂

Agardo que vos gustara! 😉






miércoles, 18 de diciembre de 2019

Receitas de galletas (Aldara)

Máis receitas ricas no noso blog!

Agora que deixamos atrás os exames e a piques estamos de rematar as clases, pode ser que teñamos tempo para practicar un pouco de repostería na casa, animádesvos?

Nesta ocasión é a nosa compañeira Aldara quen se animou a partillar dúas receitas de galletas.
Xa vos adianto que están riquísimas! 👌😋

Moitas gracias pola proba, Aldara! 😄

Galletas 3,2,1 🍪

INREDIENTES:
- 300 gramos de fariña
- 200 gramos de manteiga
- 100 gramos de azucre

PREPARACIÓN:
Poñer todo nun bol e amasar. Facer boliñas, todas máis ou menos do mesmo tamaño.
Poñelas nunha bandexa un pouco separadas entre si e aplastar cun tenedor, en vertical e horizontal, que queden como cadrados. Agora forneamos durante 15 minutos a 180º e... listas para comer!!!! 😋

Galletas de marmelada 🍪

INGREDIENTES:
- 120 gramos de manteiga en pomada
- 120 gramos de azucre
- 1 ovo grande
- 275 gramos de fariña
- 1/2 culleradiñas de extracto de vainilla

PREPARACIÓN:
Bater a manteiga co azucre. Engadir o ovo e incorporar a fariña máis o extracto de vainilla.
Amasar todo e facer bolas duns 20 ou 25 gramos. Agora fundimos o centro co pulgar, meter aí a marmelada e fornear durante uns 15 minutos a 180º.

Espero que vos gusten!!!! 😉

Aldara



martes, 17 de diciembre de 2019

Xogos de mans

 Xogos que nunca deberían perderse nos patios dos colexios. 👌😊

Don Federico

Don Federico perdió su cartera
para casarse con una costurera.

La costurera perdió su dedal
para casarse con Don General.

Don General perdió su espada
para casarse con una bella Dama.

La bella Dama perdió un abanico
para casarse con Don Federico.

Don Federico le dijo que no
y la Dama se desmayó.

Al cabo de tres meses le dijo que sí
y la bella Dama de dio por ahí!



Eu ben vin estar o moucho

Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.

Non che teño medo moucho
moucho non che teño medo.



Chocolate

Choco-choco
la-la...

Choco-choco
te-te...

Choco-la
choco-te

Chocolate!



Lecherita

lecherita,
donde vas,
a por leche
o a por pan.
¿Tienes novio?
Ya lo creo,
que se llama
Timoteo.

Rompo, rompo
la botella,
mi madre me pega,
yo le pego a ella,
subo, subo al quinto piso,
toco el tocadico,
abro el cajón,
me sale un tiburón,
abro la ventana,
me sale una gitana,
china, japón, rebote y pon.

lunes, 16 de diciembre de 2019

Redes sociais (Digicraft)

Na última sesión de traballo co Digicraft tocamos un tema moi interesante, a nosa intimidade relacionada coas redes sociais. 💻📱

Antes de comezar a actividade, vimos un vídeo que nos fixo reflexionar sobre isto (tédelo máis abaixo). ⬇📺

Despois dun breve debate sobre o uso responsable das redes sociais, comezamos o xogo. Tratábase de investigar, coma se fósemos detectives, a unha persoa segundo ía mostrando información súa nas distintas redes interactivas: wassap, facebook, twitter, google, correos electrónicos... Co avance da investigación dímonos conta de que podemos chegar a saber moito dunha persoa só coa información que ela mesma dá sen decatarse...

Con esta actividade debemos reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Non dicimos que sexan malas, senón que debemos tratala con responsabilidade e saber as consecuencias que ten mostrar todo sobre nós.