miércoles, 18 de diciembre de 2019

Receitas de galletas (Aldara)

Máis receitas ricas no noso blog!

Agora que deixamos atrás os exames e a piques estamos de rematar as clases, pode ser que teñamos tempo para practicar un pouco de repostería na casa, animádesvos?

Nesta ocasión é a nosa compañeira Aldara quen se animou a partillar dúas receitas de galletas.
Xa vos adianto que están riquísimas! 👌😋

Moitas gracias pola proba, Aldara! 😄

Galletas 3,2,1 🍪

INREDIENTES:
- 300 gramos de fariña
- 200 gramos de manteiga
- 100 gramos de azucre

PREPARACIÓN:
Poñer todo nun bol e amasar. Facer boliñas, todas máis ou menos do mesmo tamaño.
Poñelas nunha bandexa un pouco separadas entre si e aplastar cun tenedor, en vertical e horizontal, que queden como cadrados. Agora forneamos durante 15 minutos a 180º e... listas para comer!!!! 😋

Galletas de marmelada 🍪

INGREDIENTES:
- 120 gramos de manteiga en pomada
- 120 gramos de azucre
- 1 ovo grande
- 275 gramos de fariña
- 1/2 culleradiñas de extracto de vainilla

PREPARACIÓN:
Bater a manteiga co azucre. Engadir o ovo e incorporar a fariña máis o extracto de vainilla.
Amasar todo e facer bolas duns 20 ou 25 gramos. Agora fundimos o centro co pulgar, meter aí a marmelada e fornear durante uns 15 minutos a 180º.

Espero que vos gusten!!!! 😉

Aldara



4 comentarios:

  1. O día que aldara nos diu as galletas taben moi ricas e gustaron e a ver si alguen da clase trae galletas caseras navideñas Alvaro

    ResponderEliminar
  2. Tes razón Álvaro, estaban riquísimas!😋
    Boa idea traer galletas de Nadal...👍🏼😁

    ResponderEliminar
  3. 😋😋😋Mmm!!! pola foto xa vexo que teñen que estar riquísimas, eu hoxe vounas a facer con Gorka, meu pai e miña nai, hoxe que por fin, despois de toda a semana, non estamos enfermos!!!👏🏻👏🏻👏🏻
    Por certo, hoxe déronme as notas e estou moi contento!!👏🏻👏🏻👏🏻🤗🕺👍🏻👌🏻
    Xurxo😊 (ceip Quiroga Palacios)
    X✌🏻🤞🏻X👌🏻
    Esta tarde volvemos a meternos na cociña e así podemos levar esas galletas mañá á escola. Co xa dixo Xurxo levamos toda a semana enfermos 😰e hoxe por fin xa non temos fiebre!!👏🏻👏🏻
    A min tamén me deron as notas e tamén estou moi contento.👏🏻👏🏻👏🏻🤗🕺👍🏻👌🏻
    Felices festas a todos!!!!🎅🏻⭐️🎉🎁
    Gorka☺️ (ceip Quiroga Palacios)
    👉🏻👌🏻🤞🏻K ✊🏻

    ResponderEliminar
  4. Alégrome que estedes mellor Gorka e Xurxo.👍🏼✔️
    Moi ben por esas boas notas!👏🏼👏🏼👏🏼👍🏼😁
    Hoxe varias nenas trouxeron galletas caseiras ben ricas. 😋🍪
    Felices festas rapaces! 🥳🎉🎊🎁🎀🎆🎄👑🎅🏼

    ResponderEliminar