viernes, 13 de diciembre de 2019

O río Tambre

O martes da semana pasada fixemos unha saída ao río Tambre.

Para iso, as clases de 6º e 5º fumos a un lugar ben fermoso como é Ponte Maceira. Alí estaban esperándonos dúas monitoras moi simpáticas para ensinarnos todo o que sabían sobre os ríos. Mentres un grupo xogaba a unha xinkana preparada por elas pola zona, o outro púxose mans á obra para aprender a analizar o río e viceversa. 🔍🔬🔖📉📊

Os de 5º levamos uns cadernos para escribir apuntamentos e así recordar mellor o aprendido.

Pasamos unha xornada diferente e fóra da escola, nunha master-class de ciencias en toda regra.

Espero que vos gustara a experiencia! 😉

Aquí tedes algunhas fotografías. 📷



























2 comentarios:

  1. Eu cando vin as fotos que dei moi impresionado de todo o que fisestedes unha pena que non fura a disfrutar da excursión, teño un disgusto pero non puiden ir.Alvaro

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Unha pena Álvaro... pero non te preocupes, seguro que haberá máis saídas este curso. 👍🏼😉

      Eliminar