lunes, 16 de diciembre de 2019

Redes sociais (Digicraft)

Na última sesión de traballo co Digicraft tocamos un tema moi interesante, a nosa intimidade relacionada coas redes sociais. 💻📱

Antes de comezar a actividade, vimos un vídeo que nos fixo reflexionar sobre isto (tédelo máis abaixo). ⬇📺

Despois dun breve debate sobre o uso responsable das redes sociais, comezamos o xogo. Tratábase de investigar, coma se fósemos detectives, a unha persoa segundo ía mostrando información súa nas distintas redes interactivas: wassap, facebook, twitter, google, correos electrónicos... Co avance da investigación dímonos conta de que podemos chegar a saber moito dunha persoa só coa información que ela mesma dá sen decatarse...

Con esta actividade debemos reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Non dicimos que sexan malas, senón que debemos tratala con responsabilidade e saber as consecuencias que ten mostrar todo sobre nós.


















4 comentarios:

  1. Nós tamén falamos sobre eso. Na biblioteca da nosa escola veu un policía a explicarnos sobre eso das redes sociais e falar sobre o tema do ciberacoso.
    Gorka ☺️(ceip Quiroga Palacios)
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois iso está moi ben Gorka.
      É importante saber sobre as distintas redes sociais e ser responsables no seu uso.👍🏼😉📲💻

      Eliminar
  2. Ola Aleixo!!!
    E tamén aparte do que di Gorka,quero dicir máis cousas. O policía chamábase Neo viño a falarnos sobre o ciberacoso,ciberbullin, o acoso escolar e bulling escolar.Non quería que lle preguntaramos o que levaba no seu uniforme (pistolas, chave, walkitalkis...).
    Estivo moi ben.
    Moitos bicos!! 😘😘😘
    Son ✌xí✊ (CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios ).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Uxía!
      Que ben volverte ler por aquí! 😊
      Pois si que soa interesante esa charla.👍🏼 Agora levar á práctica todo o que vos dixeron.
      Moitos biquiños!😘😘😘

      Eliminar