viernes, 20 de diciembre de 2019

Bo Nadal!

E chegou o último día de clase do primeiro trimestre!
Por fin rematan as clases e comezan as vacacións de Nadal!
👏👏👏🎊🎉🎇

Aínda que sei que algúns e algunhas de vós non vos importaría seguir coas clases, o cal éncheme de gozo, tamén é verdade que un descansiño é necesario para recargar as baterías e continuar co curso.

Durante estes días tivemos decoración feita polo alumnado en varios recunchos do colexio: postais navideñas, árbore de Nadal, mapa-mundi coas diferentes celebracións desta época en diversos lugares do planeta, portas e corredoiros decorados, murais, un inmenso e precioso Belén...







Hoxe volvimos ter unha visita que tiña que ver coa maxia... Papá Noel pasou por A Baña para coñecer aos cativos e cativas da nosa escola e tivemos a oportunidade de falar con el!
Fará realidade os nosos desexos? 🎄🎅🎁








Despois do encontro con Papá Noel, fumos ao patio a degustar unha chocolatada con churros! E iso que íamos cargados e cargadas de comida... xa que sumada á nosa merenda e os gusanitos que nos deu Papá Noel, tiñamos galletas, magdalenas e chocolatinas feitas na casa e repartidas polas nosas compañeiras Aldara, Olivia e Amparo. 🍪🍫☕

Mentres gozabamos do chocolate, escoitamos cancións tocadas en pleno directo por rapazas da ESO. Que artistazas! 🎶🎵🎸🎹




Finalmete, para rematar o día fumos ao pavillón para participar nuns xogos populares guiados por monitores e monitoras de tempo libre. Que ben o pasamos! 👌😄




























Espero que gozárades deste último día. 😉

Deséxovos a todos e a todas, xunto coas vosas familias, unhas moi boas festas e un aninovo cheo de boas novas. Gozade do Nadal! 💖😊



2 comentarios:

  1. foi o día más inolvidable que vivin na vida foi moi bonito e divertido o que fixemos de todo e pa o ano que ven no nadal a ver si facemos o mesmo Alvaro

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que foi un día moi divertido no cal houbo moitas actividades. 👌🏼🙂

      Eliminar