jueves, 30 de abril de 2020

Entretémonos! (Laura B.)

Encántame esta sección de Entretémonos! porque danos a oportunidade de vernos en imaxe e saber que facedes uns e outros para ocupar os días de confinamento.

Nesta ocasión é Lura B. quen nos mostra un montón de actividades.

Moi ben Laura! 👌😊
Moitos bicos e que nos vexamos pronto! 
😘🌈

Solucións (27-30 de abril)

Bos días!

Achego as solucións do traballo desta semana na aula virtual.
Unha vez que vos autocorrixades, xa podedes ir mandando o que se pedía. 👍

Facilito as solucións hoxe por ser festivo mañá e isto lévame a recordarvos que o luns 4 non é día lectivo no noso centro, polo que as actividades da próxima semana compartiranse o martes.

Os libros que recibistes son da biblioteca do centro para ler durante estas semanas. 📚
Na próxima proposta de traballo achegarei unha ficha para traballar esas lecturas unha vez rematadas.

Un saúdo e gozade do loooooongo fin de semana! 👋🌈


miércoles, 29 de abril de 2020

Información e aclaracións

Comparto a ligazón onde podedes consultar as instrucións definitivas da Consellería de Educación sobre o desenvolvemento do 3º trimestre do presente curso.


Tamén achego a ligazón do noso centro para que consultedes as aclaracións relativas ao desenvolvemento do 3º trimestre.


Un saúdo.


Curtametraxe: Ian

Ola nenos e nenas!

Esta semana propuxen ao alumnado de Valores ver esta curtametraxe titulada Ian, na que se pon en valor aceptar a todos e a todas por igual, así como a importancia de ser aceptados/as nun grupo. Disto xa falamos na clase en diferentes ocasións.

Estaría ben que o vexades todos e, de maneira voluntaria, podedes redactar un resumo e unha reflexión sobre o que pensades (podedes mandarmo se queredes).

Ao longo destas semanas compartiremos máis curtas para empatizar e desenvolver os nosos valores.

Espero que vos guste! 😉🎥

martes, 28 de abril de 2020

Entretémonos! (Nicolás)

Continuamos vendo como vos entretedes na casa durante este confinamento.

A quenda é de Nicolás, que tamén está a facer un montón de cousas e sei de boa tinta que entrena duro no karate.

Moi ben Nico! 👍😉
Que ganas de volver vervos a todos! 😁

Cartel

Mandalas

Puzzles
                     
Puzzle do mapa de Europa

Aprendendo as capitais europeas

Colorear

Lecturas

Debuxo man 3D

Bos días a todos e a todas! 👋😊

No apartado de Plástica da aula virtual, esta semana propoño debuxar, de meneira voluntaria, unha man con efecto 3D. ✏

Animádesvos a probar? 
Hai que fixarse moi ben nos trazos das liñas. 👀
Se queredes, podédesme mandar foto! 😉📷

lunes, 27 de abril de 2020

Proposta de traballo (27-30 de abril)

Estimadas familias:

Comparto na aula virtual a proposta de traballo desta semana.

Coma sempre, suxiro que os nenos e nenas traballen diferentes materias cada día en base a un horario que espero que fixerades para unha mellor organización.
Cada alumno/a debe traballar ao seu ritmo, de maneira flexible e segundo as características de cada familia, sen agobios. 
Priorizade o que haxa que entregar.

Agora teredes traballo de todas as materias na aula virtual, polo que ide ollando cada unha delas.

Pola miña parte, seguiremos como ata agora:
Luns: envío da proposta de traballo semanal.
Venres: envío das solucións.

As fichas que deberedes enviar ao meu correo electrónico estarán indicadas no seu título, o resto non fará falta envialo.

Exemplo 👇

Fichas de repaso 1 (enviar por correo ao titor)
Fichas de repaso 2

👆 Teríase que enviar a primeira ficha, pero non a segunda.

Este envío funcionará como seguimento para saber que o alumnado está conectado e informado do traballo a realizar.

Unha vez recibidas as solucións, os nenos/as deberán autocorrexirse como parte da actividade semanal. 
O seguinte paso será enviar as actividades o venres, sábado ou domingo, por medio de fotos adxuntadas no correo electrónico, indicando o voso nome. 
Por favor, para unha mellor organización, prego que mandedes todas as fotos no mesmo correo.

Exemplo 👇

Arquivo adxunto: foto 1; foto 2 ...

Mando o traballo que se solicitou.
Un saúdo.
(nome do alumno/a)

Se tedes algunha pregunta non dubidedes de contactar comigo.

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Un saúdo.

domingo, 26 de abril de 2020

O Papagaio

Bo domingo!

O xornal ao que está subscrito a nosa escola, O Papagaio, mostra de maneira virtual algúns exemplares para que os podamos ler.

Comparto por se é do voso interese. 👀👇


                                                   
CONSORCIO EDITORIAL GALEGO

Papagaio_Coronavirus
PORTADA_PAPAGAIO_1OCT-2017




Pero mentres, podedes ollar algúns exemplares do xornal pois O Papagaio tamén quere acompañarvos estes días nas vosas casas
Rectángulo redondeado: Ollar
PORTADA_PAPAGAIO_1OCT-2017




Tamén tedes dispoñibles 6 xogos para aprender historia, ilustrados por Pepe Carreiro
Rectángulo redondeado: Xogar

CONSORCIO editorial GALEGO, S.A
Avda. da Estación,25
36812 Redondela - Pontevedra
Galiza
Reservados tódolos dereitos Copyright © 2020
O contido desta comunicación así como o de toda a súa documentación anexa, é confidencial e vai dirixido unicamente ao destinatario do mesmo. No suposto de que vostede non fose o destinatario, solicitamos que nolo indique e non comunique o seu contido a terceiros, procedendo a súa destrución.
De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos de carácter persoal se encontran incorporados a un ficheiro do que é titular e responsábel Consorcio Editorial Galego S.A. Así mesmo, informámoslle da posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación nos termos previstos na citada lei, ante o titular e responsábel do ficheiro, mediante a remisión dun correo electrónico ao seguinte enderezo: administracion@coegal.com

sábado, 25 de abril de 2020

viernes, 24 de abril de 2020

Envío de libros

Fai uns días falabamos do envío dos libros de Sociais ás vosas casas para facilitar o traballo ou incluso para quenes queiran avanzar no temario.

Dende a biblioteca escolar tamén faranse envíos de libros de lectura, polo que encarguei dúas coleccións para o alumnado de 5º.
Deste xeito, nos próximos días recibiredes, ademais dos libros de Sociais, dous libros de lectura (un en galego e outro en castelán). 

Espero que vos gusten! 😘📚


Instrucións recursos e libro dixital

Estimadas familias:

Ao longo da mañá mandarei por correo electrónico a cada familia os códigos para cada neno/a que me proporcionou a editorial Anaya para que poidades, se vos interesa, entrar na "web familiar" da editorial e poder acceder ao libro dixital e outros recursos interactivos moi interesantes para manter a motivación dos nenos e nenas.

No correo adxuntarei as instrucións para acceder. Cando vos pindan a licencia, esa é a que vos mando eu no correo.

Un saúdo e seguimos!


Solucións (20-24 de abril)

 Bos días!

Achego as solucións desta semana na páxina web do centro (apartado de 5º EP) e na aula virtual.

Aviso importante! 🚨👇
Para a próxima semana o traballo samenal compartirase só na aula virtual, polo que suxiro que entredes nela estes días para familiarizarvos co formato.

O próximo luns, xunto co traballo semanal, indicarei que actividades deberedes mandar por correo electrónico (non se pediu antes por dous motivos: estou á espera de indicacións por parte da Consellería que non chegan e o meu correo non funcionaba ao 100%).

Ánimo que vai quedando menos... 💪🌈


jueves, 23 de abril de 2020

Lecturas (Ana)

Aquí podemos ver a nosa amiga Ana cun libro de poesía galega e cun precioso muíño de vento.

Seguramente sabedes que o Concello da Baña propuxo unha actividade para o Día do libro que consiste en facer muíños de vento como guiño ao título Don Quijote de la Mancha, escrito por Miguel de Cervantes.

Gracias por mandar a foto e un bico enorme Ana! 😘📚


Apadriñamento lector

Hoxe é un día perfecto para mostar unha das actividades que máis me gusta do noso centro, que é o apadriñamento lector.

Esta actividade lévase a cabo os mércores, cada quince días, e consiste en ler aos máis pequenos do cole na hora de ler en diferentes espazos do centro.

Gracias aos que participades nesta bonita iniciativa, coa que interactuamos cos máis pequerrechos. 👏👏👏😊📚











Lecturas (Sandra)

Sandra tamén se animou a mandar unha das súas últimas lecturas e ademais xa na foto podemos ver de que trata.

Un clásico as historias dos pitufos, onde neste libro catro amigos corren diversas aventuras con Pitufina, unha nova veciña da aldea...

Gracias Sandra por mandar a foto! 👍😘



Lecturas (Laura B.)

A nosa compañeira Laura B. está a facer un montón de actividades que pronto mostraremos no blog.
Unha delas, por suposto, é a lectura. 📚

Imos ver de que vai o libro que está a ler agora, pois parace do máis interesante.
Por certo, apuntado queda o autor, do que me falaron moi ben e se agora o suxire Laura, máis aínda. 👍😉

Ola a todos e a todas!

Vouvos mostrar o libro que estou lendo e máis cóntovos de que trata.

O libro titúlase "El club de los raros", do autor Jordi Sierra i Fabra, da colección El barco de vapor.
Vai dun neno chamado Hugo, que é tartamudo e dun neno que se chama Bernardo, que é disléxico. O matón da clase failles a vida imposible porque pensa que son raros e por iso, eses dous amigos deciden fundar un club, o Club dos raros. 
Despois vanse dar conta de que non son os únicos e... para saber máis, tedes que lelo! 😜

Bicos! 😘

Laura B.



Lecturas (Álvaro)

Máis lecturas que estades a gozar nestes días. 📚

Ao noso compañeiro Álvaro encántalle as aventuras de Harry Potter, e a edición que nos mostra é superchula!

Gracias por mostrar as túas lecturas Álvaro!

Ola a todos!

Este é un dos libros de Harry Potter, "A cámara secreta", nunha edición especial polo seu 20º aniversario. 👌😊

O libro conta a historia dun rapaz que estuda maxia ao carón dos seus amigos nun colexio chamado Howarts e alí viven magníficas aventuras! 😀

Álvaro




Lecturas (Amparo)

Para conmemorar o Día do libro, propuxemos mandar fotos das vosas lecturas para compartir neste espazo.

Pois ben, comezamos con Amparo, que nos manda un par de fotos e nos explica de que van as súas lecturas.

Gracias pola túa participación Amparo!

Foi moi difícil escoller un so libro... 😅

O que escollín titúlase "Dioses y héroes de la mitología griega". 

A autora, Ana María Shua, conta o principio do universo segundo o que creían os gregos na antigüidade: fala dos xogos olímpicos, como desterran a Cronos, o nacemento de Afrodita... 
Gústanme moito as ilustracións feitas por Fernando Falcone.
É da editorial Alfaguara, ten 20 capítulos en total e 201 páxinas.

Gústame moito porque dende moi pequena sempre me interesaron os deuses gregos e os mitos. 
Este libro cóntao moi ben.

Bicos a todos! 😘

Amparo



Portadas con moito conto

Nenas e nenos, para este día tan especial de boas lecturas, propóñovos unha actividade máis activa...
Trátase de compoñer unha historia partindo dos títulos que teñan os vosos libros da casa. 📚

Se vos gusta a idea, quen sabe, poderiamos gravalo para a volta ás aulas coma neste vídeo que fixeron Xurxo e Gorka (superchulo o vídeo!) na súa casa. 📚📹

Animádesvos? 😉

Comparte en galego! (Día do libro)

Bos días e bo Día do libro! 😉📚

Compartimos imaxe do proxecto Comparte en galego! para conmemorar este día.


miércoles, 22 de abril de 2020

Happy (Inglés)

Ivette comparte na web do centro esta canción para animarnos no día de hoxe.
No seu adxunto tedes a letra para completala.

Veña, dádelle volume e a bailar! 😜🎶🎵


Día da Terra

Hoxe, 22 de abril, conmemórase o Día da Terra. 🌍

Debe ser o ano que máis tranquila e saúdable está dende fai moito tempo...

Os planetas substitúen á Lúa

Esta semana estamos a repasar o Sistema Solar.
Imaxinádesvos que os distintos planetas do noso Sistema Solar estiveran á mesma distancia que temos a Lúa?
🌍🌕🌖🌗🌘🌑

Neste vídeo-simulador podemos observar como se divisarían durante o día e durante a noite dende a Terra.
Interesante, verdade? 👽😉

martes, 21 de abril de 2020

Reparto de material

Recordamos que o Concello da Baña está colaborando para levar ás casas o material fotocopiable para aquelas familias que non teñan posibilidade de imprimir o material recibido.
Por favor, a quen lle interese, contactade co centro.

Así mesmo, xa solicitei o reparto dos libros de texto de Sociais, xa que é a única materia que quedou na aula. 
De todas maneiras, os libros dixitais están á vosa disposición na aula virtual no nivel de 5º (desglosados por temas).

Tamén teño a intención de enviar por correo electrónico a cada neno/as as licencias para descargar os libros e recursos dixitais da editoral Anaya por se vos interesa (estou á espera de recibilas).

Gracias polo voso traballo e colaboración.


Aula virtual

Estimadas familias:

O profesorado do centro decidiu compartir as distintas tarefas a realizar na aula virtual da web do centro para unha maior unificación e seguridade.
Desta maneira, todo o alumnado accederá ao material no mesmo sitio.

Así, aínda que xa compartimos as fichas desta semana, invítovos a que vaiades entrando na aula virtual para familiarizarvos co novo formato.
Encontraredes o acceso no ángulo superior dereito da páxina. 
Unha vez que cliquedes, entrade como INVITADO (non fai falta código) e deberiades ter acceso, unha vez elexido o curso, ás distintas materias.
O proceso é parecido, a diferencia é que agora terase que mirar en cada materia e a unidade que estamos a traballar. 
Eu explicarei o traballo semanal polo blog.

Suxiro que entredes en todas as materias, xa que cada mestre compartirá o traballo no seu espacio (Inglés, E.F., Música, Relixión...).
Pola miña parte, ademais de compartir o traballo da semana pasada e desta, acheguei os libros dixitais (cada unidade no tema correspondente). Certo é que falta algún tema, pero non me deixaba cargalo por moito que "pelexei"...

A aula virtual está dividida por temas.
A miña idea, a falta de concrecións por parte da Consellería, é ir repasando cada unidade semanalmente como ata agora e utilizar o blog para actividades diferentes.
Isto non quita que poidades avanzar na programación se o desexades (para iso compartín todas as unidades dos libros), pero quero avisar de que non descarto facer algo da terceira avaliación, como xa dixen, seguimos á espectativa do que nos diga a Consellería de Educación.

Moitas gracias polo voso esforzo e paciencia.


Entretémonos! (Hugo)

O noso compañeiro Hugo está a facer varias actividades para levar mellor estes días de confinamento como podedes ver nas fotografías: andar na bicicleta, xogar ao baloncesto co seu irmán, coidar e xogar cos seus cans (Ron e Nora), axudar na casa...

Moi ben Hugo! 👌😉
Espero que nos vexamos pronto! 😊

Andando na bicicleta

Xogando ao baloncesto

Axudando coa leña

Xogando con Ron e Nora

lunes, 20 de abril de 2020

Charles Dickens (Inglés)

Comparto, coma sempre, o que vos propón Ivette para a materia de Inglés.

Esta semana os dous coincidimos na mesma actividade, polo que estaría ben que se vos animades a enviar fotos o fixerades aos dous correos. 😉

Have a nice day! 😘

5º Primaria- Inglés BOOK DAY

23rd April is Book Day. O que vedes na imaxe é Carles Dickens un gran escritor inglés autor de libros como A Christmas Carol ou Oliver Twist. E na imaxe que vedes recordanos que nunca nos cansamos das amistades que facemos cós libros.
Propoño que para celebralo escribades unha pequena reseña sobre os voso libro favorito e vos fagades unha foto con el. Que vos parece??
E aquí vos deixo un pequeno video sobre a vida de Dickens...


The Mamas and the Papas (Inglés)

Ivette compartiuvos na web do cole unha canción ben famosa da era hippy do grupo musical The Mamas and the Papas.

Aquí volo comparto porque é moi apropiada para o día de hoxe... 😉🎶🎵

Proposta de traballo (20-24 de abril)

Bos días!

Achego na web do centro a proposta de traballo para esta semana (20-24 de abril), acompañada da explicación correspondente.

Calquera dúbida contactade polo correo electrónico. 👇

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Un saúdo e ánimo coa semana!

domingo, 19 de abril de 2020

Aves enjauladas (Rozalén)

Todos e todas xa coñecedes á cantante Rozalén, xa que cantamos varias cancións dela na clase. 🎶🎵🎶

Esta canción, titulada Aves enjauladas, foi composta pola artista ao comezo desta confinación e todo o recaudado con este precioso vídeo será destinado para unha rede de pisos para mulleres e familias en risco de exclusión social que apoia a ONG @entreculturas.

Espero que vos guste o vídeo. 👍😊

Moitos bicos e bo domingo! 😘🌈

sábado, 18 de abril de 2020

Circo do Sol

Fai semanas unha nena do meu anterior colexio, Uxía, falaba no apartado de Falemos! con moito entusiasmo sobre o Circo do Sol (Cirque du Soleil), xa que asistira a un espectáculo en Santiago.

O Circo do Sol é un espectáculo circense diferente e orixinal, que invita a adentrarse nun mundo de fantasía a través de diferentes números con música en directo e cunha historia e temática de fondo.
É moi recomendable para pequenos e maiores!

Durante este confinamento están a compartir nas redes diferentes espectáculos e pensamos partillalo neste espazo para amenizar estas difíciles semanas.

Espero que o gocedes dende a casa! 😉

Semana do libro

Bos días!
A próxima semana conmemórase o Día do libro (23 de abril). 📚

Propóñovos celebralo mandando fotos vosas cun libro que vos guste moito ao meu correo electrónico, acompañadas cun breve texto indicando de que vai e por que vos gusta tanto.
 
A idea é enviarmas canto antes para ir publicando ao longo da próxima semana. 😉

Veña, animádevos e que teñades boas lecturas! 💓📚

O meu e-mail  👇

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es


viernes, 17 de abril de 2020

Uso de dispositivos

Boas tardes de novo!

Por favor, rogo que cada familia me informe sobre que tipo ou tipos de dispositivos está a utilizar para que os nenos/as podan acceder aos traballos semanais: 
ordenador, tablet, móbil ou ningún.

Recadar esta información é importante para informar ao centro das carencias de dispositivos na casa e intentar remedialo se fora posible.

Escribídeme ao meu correo electrónico cando vos sexa posible. 👇

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Gracias pola vosa colaboración e boa fin de semana!