lunes, 6 de abril de 2020

Que facedes?

Ola nenos e nenas! 👋😊

Bótovos moito de menos e gustariame saber de vós!

Así que vos animo a que me mandedes fotos do que facedes para entretervos durante este período de confinamento.
Xogos, deportes, lecturas, puzzles, pelis, música, videoxogos, bailes...

Nesta semana de vacacións, podedes mandar as fotos que queirades ao meu correo electrónico.

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Editareinas nunha entrada no blog e así saberemos os uns dos outros! 👍😉
Que vos parece? Animádesvos a participar?

Como xa vedes no vídeo, eu xa non  sei que máis facer... 😅

2 comentarios:

  1. Vaia, vaia... vemos que ti tampouco perdes o tempo neste confinamento!!😀 moi ben!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 Gustounos verte!!☺️❤️
    pero se non sabes que máis facer animámoste a que fagas un vídeo presentándote en LSE, ou decindo os días da semana... que che parece?, tes os vídeos de Tareixa para lembrar coñecementos. Nós xa os fixemos!!🙌🏻
    Moitos bicos. 😘😉Gorka e Xurxo😊😊 (ceip Quiroga Palacios)
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻 e X✌🏻🤞🏻x 👌🏻

    Bueno, bueno, bueno...es todo un profesional do deporte!!👏🏻🥇 teño que admitilo Aleixo 1- Sonia 0, 😅vas gañando.
    Anímate con eses videos!! como dixeron eles nós xa os fixemos e aseguroche que son máis fáciles de facer que 5 abdominales, e seguro que aos teus alumnos tamén lles gustaría, a que si rapaces? e ti sabes moito de LSE
    Igual que os nenos, foi un pracer verte!!☺️❤️
    Moitos bicos😘😘 Sonia 😊( mamá de Gorka e Xurxo, ceip Quiroga Palacios)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Movémonos tan pouco metidos na casa que o deporte ou actividade física é máis importante ca nunca,así que hai que escorrentar a preguiza! 😅
      A LSE teño que entrenala,que ando un pouco oxidado pola falta de práctica... O do vídeo non sei eu, terei que pensalo, sonche moi tímido (este foi unha excepción), pero seguro que compartiranse máis vídeos de Tareixa. 👍🏼☺️
      Moitos bicos e gracias por seguir e participar no blog!👌🏼♥️

      Eliminar