lunes, 27 de abril de 2020

Proposta de traballo (27-30 de abril)

Estimadas familias:

Comparto na aula virtual a proposta de traballo desta semana.

Coma sempre, suxiro que os nenos e nenas traballen diferentes materias cada día en base a un horario que espero que fixerades para unha mellor organización.
Cada alumno/a debe traballar ao seu ritmo, de maneira flexible e segundo as características de cada familia, sen agobios. 
Priorizade o que haxa que entregar.

Agora teredes traballo de todas as materias na aula virtual, polo que ide ollando cada unha delas.

Pola miña parte, seguiremos como ata agora:
Luns: envío da proposta de traballo semanal.
Venres: envío das solucións.

As fichas que deberedes enviar ao meu correo electrónico estarán indicadas no seu título, o resto non fará falta envialo.

Exemplo 👇

Fichas de repaso 1 (enviar por correo ao titor)
Fichas de repaso 2

👆 Teríase que enviar a primeira ficha, pero non a segunda.

Este envío funcionará como seguimento para saber que o alumnado está conectado e informado do traballo a realizar.

Unha vez recibidas as solucións, os nenos/as deberán autocorrexirse como parte da actividade semanal. 
O seguinte paso será enviar as actividades o venres, sábado ou domingo, por medio de fotos adxuntadas no correo electrónico, indicando o voso nome. 
Por favor, para unha mellor organización, prego que mandedes todas as fotos no mesmo correo.

Exemplo 👇

Arquivo adxunto: foto 1; foto 2 ...

Mando o traballo que se solicitou.
Un saúdo.
(nome do alumno/a)

Se tedes algunha pregunta non dubidedes de contactar comigo.

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Un saúdo.

4 comentarios:

  1. Esta mesma información foi enviada por correo electrónico a todas as familias para asegurarme de que a explicación chega a todas as familias.

    ResponderEliminar
  2. Agora que o concello manda o traballo imprimido aos fogares, facede os exercicios na libreta ou nas fichas e á hora de envialos podedes facer foto ou escanear.
    Total liberdade con tal de facilitarvos o traballo.

    ResponderEliminar
  3. Ok.gracias.ojala todos esteamos ben.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, Sandra.
      Que estemos todos ben e nos vexamos pronto. 🥰🌈

      Eliminar