O profesorado do centro decidiu compartir as distintas tarefas a realizar na aula virtual da web do centro para unha maior unificación e seguridade.
Desta maneira, todo o alumnado accederá ao material no mesmo sitio.
Así, aínda que xa compartimos as fichas desta semana, invítovos a que vaiades entrando na aula virtual para familiarizarvos co novo formato.
Encontraredes o acceso no ángulo superior dereito da páxina.
Unha vez que cliquedes, entrade como INVITADO (non fai falta código) e deberiades ter acceso, unha vez elexido o curso, ás distintas materias.
O proceso é parecido, a diferencia é que agora terase que mirar en cada materia e a unidade que estamos a traballar.
Eu explicarei o traballo semanal polo blog.
Suxiro que entredes en todas as materias, xa que cada mestre compartirá o traballo no seu espacio (Inglés, E.F., Música, Relixión...).
Pola miña parte, ademais de compartir o traballo da semana pasada e desta, acheguei os libros dixitais (cada unidade no tema correspondente). Certo é que falta algún tema, pero non me deixaba cargalo por moito que "pelexei"...
A aula virtual está dividida por temas.
A miña idea, a falta de concrecións por parte da Consellería, é ir repasando cada unidade semanalmente como ata agora e utilizar o blog para actividades diferentes.
Isto non quita que poidades avanzar na programación se o desexades (para iso compartín todas as unidades dos libros), pero quero avisar de que non descarto facer algo da terceira avaliación, como xa dixen, seguimos á espectativa do que nos diga a Consellería de Educación.
Moitas gracias polo voso esforzo e paciencia.
Na páxina web do centro tedes unha mostra con imaxes para acceder á aula virtual.
ResponderEliminar