martes, 14 de abril de 2020

Traballo de inglés (14-24 abril)

Comparto o traballo que vos indica Ivette na páxina web do centro.

A actividade é de repaso mediante unha redacción e sería para ir facendo pouco a pouco durante as próximas dúas semanas.

Goodbye and love! 💓

5º Primaria- Inglés 14-24 abril


Good morning!!!
Benvidos de volta á clase online!!! Quérovos poñer un traballiño que non quero que o fagades a presa (xa vedes que a entredilla pon dúas semanas) porque imos ir repasando diferentes apartados do curso. Para resolver as dúbidas temos os dicionarios, o libro e a libreta e o mail da teacher, que quero que utilicedes tanto como necesitedes. O que non quero que usedes é o tradutor online. 
Quero que fagades unha redacción sobre Easter, a semana santa tan atipica que acabamos de pasar e idesme contar o que fixestes e o que non, o que vos gustou máis do que fixestes comparando as actividades e dicindo con qué frecuencia fixestes as cousas e qué aparellos electrónicos usachedes vos ou as vosas familias. Para esto utilizaremos:
- Do tema 1 electronic gadgets e Frequecy adverbs
- Do tema 2 Sports
-Do tema 3 os Comparatives
- E do tema 4 was e were
Como non demos máis pasados que o do verbo ser e estar ( To Be: I/He/She/It WAS; We/You/They WERE), o resto dos verbos poñeremolos en presente.
Como tedes tempo de abondo, e moitas cousas para utilizar, procurade extendervos o máis que poñades. 
A Pesar de que é un traballo de horas, para desconectar un pouco, teredes música e conto, coma sempre. Un saúdo e moito ánimo, campeóns!


No hay comentarios:

Publicar un comentario