miércoles, 29 de abril de 2020

Curtametraxe: Ian

Ola nenos e nenas!

Esta semana propuxen ao alumnado de Valores ver esta curtametraxe titulada Ian, na que se pon en valor aceptar a todos e a todas por igual, así como a importancia de ser aceptados/as nun grupo. Disto xa falamos na clase en diferentes ocasións.

Estaría ben que o vexades todos e, de maneira voluntaria, podedes redactar un resumo e unha reflexión sobre o que pensades (podedes mandarmo se queredes).

Ao longo destas semanas compartiremos máis curtas para empatizar e desenvolver os nosos valores.

Espero que vos guste! 😉🎥

2 comentarios:

  1. A curtametraxe está moi ben Aleixo, o vídeo ten unha mensaxe moi bonita. Penso que se todos pensáramos así este mundo estaría moitísimo mellor.
    Bicos!! Ánimo a todos que xa falta menos!!
    Aldara.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Exacto Aldara, debemos reflexionar sobre estas cousas e empatizar cos demais.
      Esta semana imos ter outra curtametraxe ben interesante. 👍🏼😉
      Bicos! 😘🌈

      Eliminar