viernes, 26 de febrero de 2021

Limpeza de mans (Anna)

A nosa compañeira Anna mostrounos a importancia de lavar ben as mans para evitar, ou polo menos minimizar, a contaminación dos virus.

Como se soe dicir, unha imaxe vale máis que mil palabras! 👇👀💦💦💦

jueves, 25 de febrero de 2021

Rosalía de Castro (Saray)

Como sempre vos digo, encántame que fagades e presentedes traballos pola vosa propia iniciativa!

Aquí temos a nosa compañeira Saray, que quixo presentar un mural que elaborou ela mesma sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.

Bravo Saray pola túa iniciativa e traballo! 👌😊

miércoles, 24 de febrero de 2021

Día de Rosalía de Castro

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o Día De Rosalía de Castro.

Para esta conmemoración, na escola fixemos varias actividades: participación nun podcast sobre Rosalía, elaboración dun mural feito polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega, escoita de cancións coas letras da poetisa, realización de fichas relacionadas coa vida e obra de Rosalía... incluso gravamos un vídeo onde despois dunha breve introdución biográfica, recitamos unha poesía da autora galega.

Esperamos que vos guste! 😉💙💜

Cartel do Equipo de Dinamización de Lingua Galega

Vídeos do traballo sobre Rosalía: fichas e poema. 👇

Has de cantar

Has de cantar
que che hei de dar zonchos;
has de cantar
que che hei de dar moitos.

Has de cantar,
meniña gaiteira,
has de cantar
que morro de pena.

Canta, meniña,
na beira da fonte,
canta, dareiche
boliños do pote.

Canta, meniña,
con brando compás,
dareiche unha proia
da pedra do lar.

Papiñas con leite
tamén che darei,
sopiñas con viño,
torradas con mel.

martes, 23 de febrero de 2021

Artistadas! (Antía)

Estádesvos animando a traer as vosas creacións artísticas feitas na casa para decorar a nosa aula!

Aquí temos outra obra de arte! Esta vez a autora é Antía. 👇🎨

lunes, 22 de febrero de 2021

Antonio Machado

Outro poeta que traballamos e escribimos a súa biografía, Antonio Machado, un dos máis célebres poetas do noso país xunto con Federico García Lorca.

Aproveitando que hoxe é o 82º cabodano da súa morte, aquí temos un vídeo onde a nosa compañeira Anna fala da súa vida. 👇


domingo, 21 de febrero de 2021

Día Internacional da lingua materna

 Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. 😜💬💙


viernes, 19 de febrero de 2021

Master-class sobre animais (Amparo)

O último tema que estudamos en Naturais trataba sobre os animais e os seus diferentes tipos coas súas características.

Ben, pois como o ano pasado coa unidade dos sentidos, aquí temos a nosa compañeira Amparo, que nos expuxo unha fantástica master-class sobre os animais.

Unha clase moi interesante e entretida, onde todo o grupo-clase puido observar as moi variadas especies que Amparo mostrou e explicou: cráneos dun raposo e dun gato, insectos, escorpións...

Os meus parabéns Amparo
Que sigades así de curiosos/as e con esas ganas de aprender! 👌😊

Mostramos tamén unha fotoreportaxe co vídeo-explicativo ao final. Que o gocedes! 👇👀












Esperamos que o poda expoñer en 6ºA, cando o grupo estudie a unidade, para que a experiencia sexa máis significativa. 👍😉

jueves, 18 de febrero de 2021

Galletas (Mariquiña)

A nosa compañeira Mariquiña móstranos como facer unhas riquísimas galletas de chocolate.
Que ricas Mariquiña! 👌😋

        🍪 Galletas con pepitas de chocolate 🍪

Ingredientes:

·2 ovos

·100gr de manteiga

·100gr de azucre moreno

·200gr de fariña normal

·1tsp de levadura

·1 pizca de sal

·175g de pepitas de chocolate

Preparación:

· Precalentar o forno a 190ºC.

· Mesturar nun bol a manteiga co azucre ata formar unha masa uniforme (facelo mellor a man, non co batedor).

· Bater os ovos (ir añadindo un a un, non añadir un ovo ata que non estea integrado o anterior.

· Nun bol tamizar a fariña, o sal e a levadura.

· Añadir esta mestura de fariña, a levadura e a sal á masa. Mesturar ata que a fariña se integre, entón añadir as pepitas.

· Quedará unha masa blandiña; con ela hai que facer boliñas aplanándoas cunha culler, nun papel de forno e sobre unha placa.

. Fornear ata que o borde estea dourado.

Que o disfrutedes! 👍😉

Mariquiña

Que ricas as galletas Mariquiña! 😋

Galletas de Mariquiña e Amparo que repartiron antes do Nadal.

viernes, 12 de febrero de 2021

Venres de Entroido!

E chegou o derradeiro día de Entroido na escola! 🎉🎊🎭

Para celebralo todos/as viñemos cos mandatos acumulados de toda a semana: con calcetíns de distinto par, calzado diferente, en pixama e cunha bata (batín, bata-manta...). Íades(mos) todos xeniais dándolle cor e alegría a un día de escola; que falta fai!


Antes de baixar ao recreo, repartimos orellas de graaaaaan tamaño como merenda típica de Entroido 😋 e ao chegar ao patio, encontreime con todo o alumnado de 6º bailando coreografías! 🎶🎵
Que marabilla rapaces! Toda a escola quedou pasmada! 👏👏👏😄


Bo Entroido a todos e a todas! 🎭😘

jueves, 11 de febrero de 2021

A pantalla/peliqueiro din que... #4

E chegou o último mandato da pantalla e do peliqueiro!

Hoxe estabades xeniais! A aula parecía a festa do pixama! 😅

Mañá debemos ir cos calcetíns de distinto par, calzado diferente, pixama e... unha bata!

Aquí temos os carteis! 👇🎭






miércoles, 10 de febrero de 2021

A pantalla/peliqueiro di que... #3

Novo mandato da pantalla e do peliqueiro! 🎭

Xunto cos calcetíns de distinta cor e o calzado diferente, debedes ir á escola en pixama! 
Iso non quere decir que veñades durmidos, eh! 😜

A pantalla/peliqueiro di que...




martes, 9 de febrero de 2021

A pantalla/peliqueiro di que... #2

Que ben mandadiños somos!
Como debe ser, fixémoslle caso á pantalla que mandou traer os calcetíns de diferente cor.


Hoxe tocou un novo mandato para sumalo ao anterior. 🎭

A pantalla/peliqueiro di que...

Cartel decorado polo alumnado de 6º

A pantalla di que...


O peliqueiro di que...

lunes, 8 de febrero de 2021

A pantalla/peliqueiro di que... #1

Este ano, como todas as festividades, será difícil celebrar a festa de Entroido...

Pero aínda así, o cole animouse a facer os tradicionais mandatos do Meco que serán acumulativos para rematar a semana difrazados.

Este ano os mandatos serán mostrados en dous murais feitos polos nenos/as, un no piso de abaixo (mandará un peliqueiro) e outro no de arriba (mandará unha pantalla).

Animádevos a participar! 🎭

A pantalla/peliqueiro manda...






Parabéns Olivia!

Onte, domingo, foi o cumpreanos da nosa compañeira Olivia e para celebralo tróuxonos unhas galletas caseiras de xenxibre ben ricas acompañadas duns bombóns. 😋

Así da gusto comezar a semana! 👌😁

Grazas e moitos parabéns Olivia! 💝

🎆🎇🎈🎉🎊🎂

Olivia mostrando os bombóns que supoñemos estará a comer Ana... 😆

"MmmMMmmm... Que ben me ven como postre despois do bocadillo de xamón."

"Só unha galleta? Ben comía vinte..." 😋

Pilar e Laura vixiando que Anna non colla máis galletas das debidas... 😛

viernes, 5 de febrero de 2021

Master-class de karate (Nico)

Fai varias semanas desexabamos sorte ao noso compañeiro Nicolás no campionato de España en artes marciais celebrado en Málaga.

Pois ben, hoxe temos a sorte de que nos explique un par de técnicas que el usa para os seus combates.

Gracias pola master-class Nico! Moi interesante! 👇😃

jueves, 4 de febrero de 2021

Contos de boas noites para nenas rebeldes

Despois de rematar o libro de Julian, o grupo de Valores imos realizar varias lecturas de breves biografías sobre mulleres que nos chamen a atención dun libro que xa todos coñecemos e que xa se convertiu nun clásico deste blog educativo: Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes.

Espero que estas lecturas nos sirvan para aprender, coñecer, reflexionar, debatir, apreciar e valorar o papel da muller na nosa sociedade ao longo do tempo, pasado e presente, para que vós o afiancedes no futuro! 👍😉


miércoles, 3 de febrero de 2021

Gran mural das apertas!

Coincidindo co Día da Paz e o Día da Candeloria, e para dar ánimos nesta época tan complicada na que non nos podemos tocar e menos abrazar, todo o alumnado de Infantil e Primaria participou neste bonito mural onde os nenos e nenas aparecen fotografiados/as dándose unha gran aperta con alguén moi querido/a.

O mural quedou xenial e é moi emotivo ver as imaxes! 👏👏👏😍




No centro do mural podemos ler uns versos nos que cada curso colaborou cunha liña. 

Deseño das letras

Repaso das letras

Non esquezamos o bonitas e necesarias que son as apertas! 🌺🌼🌹

martes, 2 de febrero de 2021

Día da Candeloria

Hoxe, 2 de febreiro, celébrase o Día da Candeloria. 💖🐥🌺

Di a tradición galega que é o día que casan os paxariños. É a data que marca o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera.

Dende o Servizo de Normalización Lingüística repartíronse no noso cole simpáticos adhesivos conmemorando tal día.
Nel aparece o verso "Quen quixera namorala", do escritor Álvaro Cunqueiro.
Así que tamén escoitamos dito poema cantado polo artista Luis Emilio Batallán.

Cando a Candeloria chora a mitade do inverno está fóra;
se ri, a mitade do inverno está por vir;
e se fai vento, aínda o inverno está dentro.