miércoles, 24 de febrero de 2021

Día de Rosalía de Castro

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o Día De Rosalía de Castro.

Para esta conmemoración, na escola fixemos varias actividades: participación nun podcast sobre Rosalía, elaboración dun mural feito polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega, escoita de cancións coas letras da poetisa, realización de fichas relacionadas coa vida e obra de Rosalía... incluso gravamos un vídeo onde despois dunha breve introdución biográfica, recitamos unha poesía da autora galega.

Esperamos que vos guste! 😉💙💜

Cartel do Equipo de Dinamización de Lingua Galega

Vídeos do traballo sobre Rosalía: fichas e poema. 👇

Has de cantar

Has de cantar
que che hei de dar zonchos;
has de cantar
que che hei de dar moitos.

Has de cantar,
meniña gaiteira,
has de cantar
que morro de pena.

Canta, meniña,
na beira da fonte,
canta, dareiche
boliños do pote.

Canta, meniña,
con brando compás,
dareiche unha proia
da pedra do lar.

Papiñas con leite
tamén che darei,
sopiñas con viño,
torradas con mel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario