jueves, 18 de febrero de 2021

Galletas (Mariquiña)

A nosa compañeira Mariquiña móstranos como facer unhas riquísimas galletas de chocolate.
Que ricas Mariquiña! 👌😋

        🍪 Galletas con pepitas de chocolate 🍪

Ingredientes:

·2 ovos

·100gr de manteiga

·100gr de azucre moreno

·200gr de fariña normal

·1tsp de levadura

·1 pizca de sal

·175g de pepitas de chocolate

Preparación:

· Precalentar o forno a 190ºC.

· Mesturar nun bol a manteiga co azucre ata formar unha masa uniforme (facelo mellor a man, non co batedor).

· Bater os ovos (ir añadindo un a un, non añadir un ovo ata que non estea integrado o anterior.

· Nun bol tamizar a fariña, o sal e a levadura.

· Añadir esta mestura de fariña, a levadura e a sal á masa. Mesturar ata que a fariña se integre, entón añadir as pepitas.

· Quedará unha masa blandiña; con ela hai que facer boliñas aplanándoas cunha culler, nun papel de forno e sobre unha placa.

. Fornear ata que o borde estea dourado.

Que o disfrutedes! 👍😉

Mariquiña

Que ricas as galletas Mariquiña! 😋

Galletas de Mariquiña e Amparo que repartiron antes do Nadal.

2 comentarios:

  1. Huy, xa temos outra receita que queda apuntada!!!

    Xurxo ☺️ (CEIP Quiroga Palacios)

    X ✌🏻🤞🏻x 👌🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois preparádevos que hai unhas cantas receitas na reserva que irán saíndo pouco a pouco. 😋😉
      Bicos Xurxo!

      Eliminar