martes, 2 de febrero de 2021

Día da Candeloria

Hoxe, 2 de febreiro, celébrase o Día da Candeloria. 💖🐥🌺

Di a tradición galega que é o día que casan os paxariños. É a data que marca o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera.

Dende o Servizo de Normalización Lingüística repartíronse no noso cole simpáticos adhesivos conmemorando tal día.
Nel aparece o verso "Quen quixera namorala", do escritor Álvaro Cunqueiro.
Así que tamén escoitamos dito poema cantado polo artista Luis Emilio Batallán.

Cando a Candeloria chora a mitade do inverno está fóra;
se ri, a mitade do inverno está por vir;
e se fai vento, aínda o inverno está dentro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario