viernes, 28 de febrero de 2020

Comparte en galego!

Continuamos co bonito proxecto que está a levar a cabo o concello da Baña xunto co alumnado do CPI de San Vicente da Baña, Comparte en galego!, que consiste en partillar polas distintas redes sociais frases escritas en galego con ilustracións feitas polos nenos e nenas.

Aquí temos outro exemplo no que o alumnado anima e defende o uso do galego. 💙😊


jueves, 27 de febrero de 2020

Rosalíate!

Hoxe rendimos homenaxe a unha das escritoras máis relevantes da nosa terra, Rosalía de Castro.

O acto Rosalíate consistiu en que cada curso escribise varias estrofas e poemas da autora para elaborar un mural, así como diseñar e recortar unha máscara co rostro de Rosalía.
✏🎭


Nós eliximos o poema Has de cantar e ademais escoitamos e cantamos ao son da artista Uxía.
🎶🎵🎶



Esta mañá, no recreo e hora de ler, xuntámonos todo o alumnado do centro para conmemorar o seu nacemento (24 de febreiro) lendo un manifesto-biográfico e varias estrofas súas por parte de varios alumnos e alumnas dos diferentes niveis do noso centro, tanto Primaria como Secundaria. En representación de 5º de EP leu Laura R. 👍😊

Este mes de febreiro... Rosalíate! 😉💜





lunes, 24 de febrero de 2020

Día de Rosalía de Castro

Hoxe, día 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro.

O 24 de febreiro de 1837, nace en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, figura fundamental na literatura galega e unha das voces literarias relevantes nas letras do século XIX.

viernes, 21 de febrero de 2020

Festa de Entroido!

Por fin chegou o día para festexar o Entroido no cole! 👏👏👏
🎆🎇🎉🎊🎭🎶

Hoxe tivemos actividades de todo tipo.

Despois de pasar as primeiras horas na aula organizando os disfraces, complementos e demais cousas de última hora, tamén nos deu tempo de decorar unhas máscaras co rostro de Rosalía de Castro para un futuro acto conmemorativo, xa que o día 24 de febreiro é o Día de Rosalía.

Ás 11.00h. da mañá fumos ao ximnasio, onde nos esperaba unha membra do grupo Pés de la para facer danza e movemento dentro da actividade Entroidanzas.

Despois do exercicio e baile, saímos ao recreo para degustar ricas orellas xunto coas familias.

Sobre as 12.30h. subimos á aula para convertirnos en doutores/as... un pouco chiflados/as! 😂 e ir ao desfile. Todos xuntos baixamos ata a praza do concello bailando e cantando e, como vimos que a xente andaba un pouco acatarrada, aínda repartimos algunha que outra "pastilla" para a tos... 👍😉 Cantamos o Carnaval, carnaval e volvimos ao centro para bailar as danzas aprendidas anteriormente en Entroidanzas.

A pesar do sol de xustiza e a calor, quen nolo ía decir en pleno febreiro, gozamos da mañá cos amigos, amigas e a familia. 😊

Aquí tedes a reportaxe fotográfica. 📷😉























Día da Lingua materna

Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día da lingua materna. 💙

Xa sei que non é unha conmemoración moi destacada ou recoñecida, pero queremos ilustrar este día cun debuxo que pertence ao proxecto Comparte en galego! , onde o alumnado do noso centro colabora co concello da Baña.

Compartide por favor! 👍😉


jueves, 20 de febrero de 2020

Preparando o Entroido...

Como ben indica o noso meco, mañá por fin chega o día grande! 👏👏👏

Día de festa e troula! 🎆🎇🎉🎊🎭🎶

Todas as familias estades convidadas! 👪




















Para o desfile, durante estes días trouxestes algunhas "turutas" e percusións feitas por vós para tocar e bailar a famosa canción do Entroido, Carnaval, carnaval, durante o desfile.
Aquí tedes un ensaio... e máis que tiñamos que ensaiar... 😂😂😂



Ademais, aquí tedes outra ilustración de Comparte en galego! para que os maiores a compartades polas redes sociais. 💙😉

miércoles, 19 de febrero de 2020

Obradoiro de máscaras

Nesta semana que precede ao Entroido, aproveitamos a sesión de Plástica para crear as nosas propias máscaras e antifaces. Cada neno/a diseñou a súa propia e decorouna como quixo. 🎭

Aquí tedes algunhas fotos do proceso e a finais da semana veremos os resultados finais.
👍😉

















Recordade que mañá temos que levar os mandatos da semana todos xuntos: algo na cabeza, no pescozo e nos pes. 🎭😁