jueves, 13 de febrero de 2020

Xoves expertos (Olivia & Laura B.)

Cando recibín a noticia do meu novo destino de traballo, o primeiro que fixen foi buscar información do cole da Baña na súa páxina web. Despois de ollalo durante un rato, chamoume a atención unha actividade de biblioteca titulada Xoves expertos, e aí que me metín. Que actiovidade máis bonita! Recordo que pensei que ogallá o seguiran facendo para este curso.

Pois ben, por fin comezaron estas xornadas, nas que cada xoves o alumnado do colexio irá mostrando os seus coñecementos sobre un tema ao resto de compañeiros/as para que todos aprendamos.

Hoxe foi a inauguración coas nosas compañeiras Olivia e Laura Buj, quenes ensinaron todo sobre dous instrumentos que tocan de marabilla como é o oboe e o clarinete, respectivamente. 🎶🎵


Como a min coincídeme garda de patio os xoves e gravar na biblioteca con outros nenos e nenas sería complicado, decidimos facer un ensaio un día antes. Desta maneira, tivemos a nosa propia exposición na nosa clase.











Estivo xenial saber sobre os seus instrumentos e gozar dunha canción en directo. Bravo chicas!
(Mención especial para os que fixeron de atriles 👌😁).

Aquí volo deixo!



Cando participen máis nenos ou nenas do noso grupo-clase informaremos. 👍😉











2 comentarios:

  1. A min encantoume a peza que tocaron xuntas. Moi ben, chicas!!!😊

    ResponderEliminar