viernes, 21 de febrero de 2020

Festa de Entroido!

Por fin chegou o día para festexar o Entroido no cole! 👏👏👏
🎆🎇🎉🎊🎭🎶

Hoxe tivemos actividades de todo tipo.

Despois de pasar as primeiras horas na aula organizando os disfraces, complementos e demais cousas de última hora, tamén nos deu tempo de decorar unhas máscaras co rostro de Rosalía de Castro para un futuro acto conmemorativo, xa que o día 24 de febreiro é o Día de Rosalía.

Ás 11.00h. da mañá fumos ao ximnasio, onde nos esperaba unha membra do grupo Pés de la para facer danza e movemento dentro da actividade Entroidanzas.

Despois do exercicio e baile, saímos ao recreo para degustar ricas orellas xunto coas familias.

Sobre as 12.30h. subimos á aula para convertirnos en doutores/as... un pouco chiflados/as! 😂 e ir ao desfile. Todos xuntos baixamos ata a praza do concello bailando e cantando e, como vimos que a xente andaba un pouco acatarrada, aínda repartimos algunha que outra "pastilla" para a tos... 👍😉 Cantamos o Carnaval, carnaval e volvimos ao centro para bailar as danzas aprendidas anteriormente en Entroidanzas.

A pesar do sol de xustiza e a calor, quen nolo ía decir en pleno febreiro, gozamos da mañá cos amigos, amigas e a familia. 😊

Aquí tedes a reportaxe fotográfica. 📷😉























6 comentarios:

  1. Ola a todos, estivo xenial o noso carnaval, pasamos un día de festa e con sol🌞🌞 que pasedes todos uns días fermosos de entroido, comendo filloas e orellas, e de festa🎉🎉☺️☺️👋👋👋Álvaro, CPI, San Vicente.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Canto me alegro que o gozaras Álvaro.👏🏼👏🏼👏🏼😉
      Pásao moi ben este Entroido!🥳

      Eliminar
  2. A min gustou e moito 😍😍😍😍

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome Esteban!👌🏼🤩
      Que goces das vacacións de Entroido! 👍🏼🥳

      Eliminar
  3. O meu Angel e un sol ,pero un sol serio e sin luz,negado para os bailes 🤣🤣🤣🤣,na casa baila mas ,creo q ten vergonza

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois hai que desfacerse desa vergonza... xa hai proxectos para iso... 🤔😉

      Eliminar