jueves, 6 de febrero de 2020

Recomendamos libros (Aroa & Laura B.)

Seguimos animándonos a traer boas recomendacións de lecturas e iso é moito de agradecer.
👌😊

Moitas gracias a todos e a todas pola vosa participación!
Isto fai que o noso blog sexa máis interesante!

Aquí temos unha mostra. Nun mesmo día, aínda que xa fai tempo, dúas das nosas compañeiras trouxeron lecturas para recomendar e partillar. 📚

Laura B. falounos de tres libros que lle gustan moito: dous sobre as aventuras de Edgar e Ellen e outro sobre a vida de Coco Chanel.
Aroa segue a traer libros ben interesantes e bonitos como A princersa que quería escribir e O mundo dos animais.

Gracias rapazas! 😊


4 comentarios:

  1. Teñen boa pinta...🧐🧐🧐
    Eu o libro de Edgar e Elen non o coñecía pero, eu o ano pasado na TVG 2 (televisión de Galicia) vía ese debuxos co meu irmán. Pero non sabía que existían libros. Vou botar un ollo a ver se me gusta.🧐🧐
    Son
    ✌xí✊ (Ceip Quiroga Palacios)

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Uxía!
    Como me gusta que investiguedes e probedes a ler as suxestións que fecedes neste blog. 👍🏼😊📚

    ResponderEliminar
  3. Eu xa coñecía a Edgar e Ellen, pero non sabía que existían os libros. Miña nai tamén os ve con nós e gústanlle moito, e a mín tamén. Falando de libros, recoméndovos os libros de "Nata y Chocolate", 🍫"Nata y Chocolate invencibles" e "Palabras de Caramelo",🐫 que vén na mochila viaxeira, que me tocou esta semana e teño que devolvela o venres.
    Gorka ☺️(CEIP Quiroga Palacios)
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias polas suxestións Gorka!
      Falarémolo na clase e miraremos na biblio do cole.
      👍🏼😉📚

      Eliminar