lunes, 3 de febrero de 2020

Día da Candeloria

O día 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria. 🐤💕

Segundo as tradicións populares galegas, a partir do 2 de febreiro, veñen os paxaros para emparellarse e criar. En Galicia, esta era unha festa moi celebrada no ámbito agrario e incluso no mariñeiro, como prefacio da primavera, e dicíase que era o día do casamento dos paxariños.

Hai varios refráns que o lembran como: A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.
Outro refrán lembra que queda pouco para que remate este tempo de inverno: Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.

Para os galegos e galegas tamén era a festa da luz e do amor.

Hoxe en día é máis coñecida como unha celebración relixiosa. Nalgunhas parroquias de Galicia este é un día de festa, o día no que se bendicen as candeas e se reservan para saír en procesión na Semana Santa.

Neste mundo tan globalizado, en Galicia tamén adoitamos festexar o día dos namorados e namoradas o 14 de febreiro, polo San Valentín. Mais este día 2 de febreiro, no que casan os paxariños, tamén é unha data ben axeitada e bonita para celebrar o amor e sorprender a aquela persoa que nos gusta cunha mensaxe ou debuxo ben bonito.

Seguro que non o espera!





Hoxe mostramos no blog información sobre o Día da Candeloria, escrito por varios nenos e nenas da clase. Información que está exposta nun precioso mural cerca da biblioteca. Alí fumos para aprender sobre o tema.

Nas fotografías vese como estivemos lendo a información, falando e debatindo sobre o Día da Candeloria e sobre o Día de San Valentín.

Por certo, sabedes algún refrán máis sobre o Día da Candeloria ou de San Valentín? Se é así, animádevos a escribilo nun comentario! 😉

2 comentarios:

  1. Pola Candeloira e por San Blas ,duas horas más (entendese que o día medra duas horas )🤔

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bonito refrán.👏🏼👏🏼👏🏼😉

      Eliminar