viernes, 7 de febrero de 2020

Galletas de aniversario (Olivia)

A nosa compañeira Olivia está hoxe de aniversario e celebrouno compartindo unhas deliciosas galletas con todos nós. Que presentación! e que ricas estaban! 👌😋🍪

Abaixo escribiunos a receita para que as fagamos na casa.

Moitos parabéns Olivia! 😘🎉🎊🎁🎂

RECEITA DE GALLETAS DE ANIVERSARIO

Ola a todos!

Hoxe é o meu cumpreanos e fixen estas galletas para repartir aos meus compañeiros/as. 

Se queredes facelas na casa, a receita é a seguinte.

Ingredientes:
2 ovos.
350 gramos de fariña.
Raiadura de limón.
1 sobre de fermento.
100 gramos de manteiga.
200 gramos de azucre.

Preparación:
. Primeiro paso: Para comezar coa preparación das galletas de aniversario, colle un recipiente e mestura a manteiga co azucre.
. Segundo paso: Engade os ovos e a raiadura de limón. Continúa removendo coa espátula ou as varillas ata conseguir que estos se integren por completo.
. Terceiro paso: Deixa o bol na mesa a un lado e, a parte, peneira a fariña xunto co fermento. É un paso imprescindible.

As galletas deben estar no forno durante 15 minutos.

Disfrutádeas! 😉🍪

Olivia




2 comentarios:

  1. Parabens Olivia!!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻,as galletas teñen unha pinta moi, moi, moi, moi boa😋 xa lle digo a miña nai que apunte a receita e a ver se esta semana as podemos facer.
    Xurxo ☺️(ceip Quiroga Palacios)
    X✌🏻🤞🏻x👌🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben Xurxo!
      Eu tamén vou buscar tempo para facelas.👍🏼😋🍪

      Eliminar