lunes, 17 de febrero de 2020

Camisetas creativas!

Esta fin de semana foi a Festa da filloa da pedra da Baña.

A pesar do mal tempo, puidemos gozar da gastronomía, da música, dos diferentes postos de artesanía e da boa compaña. 👌😊

Ademais, houbo talleres para os nenos e nenas. Un destes talleres consistiu en diseñar camisetas.
Algúns de vós trouxestes estas camisetas hoxe e pensei que sería interesante explicar como as fixestes.

A nosa compañeira Laura Buj explícao de seguido.

TALLER DE CAMISETAS

NECESITARÁS :

- Moitas ceras de cores.
- Afíalapis.
- Pratos de plástico.
- Papel de cebola.
- Unha camiseta branca ou negra.
- Imprimir imaxes ou letras anchas.
- Plancha.

COMO FACELA:

Afiamos as ceras ata que se acaben, unha mestura en cada plato: amarelo e laranxa, lila e rosa...
Cando acabemos de afiar, eliximos o debuxo e recortámolo. 
Despois, poñemos o papel de cebola dentro da camiseta. 
Collemos a imaxe recortada e poñémola encima de onde queres que esté o debuxo da camiseta.
Botámoslle a cera por riba do debuxo e poñémoslle o papel de cebola. 
Planchámola, quitámoslle o papel e... listo!  😉

Laura Buj

No hay comentarios:

Publicar un comentario