miércoles, 12 de febrero de 2020

Receita de galletas (Ana)

Seguimos animándonos a escribir receitas e as galletas son as grandes protagonistas.
Que ricas! 😋

Desta vez, é a nosa compañeira Ana quen nos ensina como fai ela as súas deliciosas galletas caseiras.

Galletas caseiras 🍪

Ingredientes:

120 g. de azucre glas.
400 g. fariña de repostería.
240 g. de manteiga troceada.
1 ovo.

Preparación:

Poñer todos os ingredientes na amasadera. Cando estea, retirar a masa e envolvela con film transparente e metela na neveira uns 15 minutos.                                                                                      Cortar a masa en tres trozos.
Colocar unha parte na superficie de traballo, espolvorear con fariña.
Meter a outra parte na neveira.
Extender a masa e cortala con cortapastas.
Colocar en bandexa de forno.
Metela no forno 10-12 minutos a 180ºC co forno precalentado .

Que vos aproveite! 😉😋

Ana



No hay comentarios:

Publicar un comentario