martes, 30 de abril de 2019

Visita de Paula Carballeira

Onte, luns 29 de maio, visitounos Paula Carballeira, autora de "Bruxa e familia", libro que limos durante as vacacións de Semana Santa.

Parece que o libro triunfou, xa que moitos de vós comentastes o moito que vos gustou o libro, pero penso que a visita máis todavía, polas vosas risas durante a charla. A verdade é que Paula Carballeira, ademais de boa escritora, é toda unha "entertainment" e con ela tes asegurado pasar un bo rato!

Ao rematar, con moita amabilidade, firmou os nosos exemplares e como agradecemento fixémoslle un debuxo adicado polos alumnos e alumnas de 4º.

Sempre é un luxo poder coñecer autores/as dos libros que lemos e poder escoitar as súas historias, preguntarlles dúbidas, que nos conten curiosidades, botar unhas risas... 😄

Espero que gozárades do encontro con ela! 😉📚








lunes, 29 de abril de 2019

A capitana Marvel (Uxía)

O alumnado de 4ºA segue a recomendar as súas lecturas favoritas!

Nesta ocasión é a nosa compañeira Uxía quen nos fala dun libro baseado na película "A Capitana Marvel", que no seu cumpreanos foi ver ao cine.

Por fin saen máis heroínas no mundo da banda deseñada para facerlle compañía á Muller Marabilla!


viernes, 26 de abril de 2019

Dalí e Alberti

Hoxe seguimos coas exposicións dos traballos que fixestes sobre Salvador Dalí e Rafael Alberti. 🎨📚

Algúns de vós empregastes imáxenes e vídeos para mostrar de maneira máis visual a estes artistas, algo que nos gustou moito a todos e a todas!

Por exemplo, fai días, a nosa compañeira Ana mostrounos un vídeo dunha canción baseada nun poema de Alberti titulado A galopar, mentres que hoxe, o noso compañeiro Adrián ensinounos un precioso vídeo con diferentes cadros de Dalí con música de fondo da banda musical Mecano.

Aquí o compartimos para que o podades ver e mostrar na casa. 🎥🎶

jueves, 25 de abril de 2019

Experimentos (Ana)

Seguimos con máis experimentos en 4ºA!

A nosa compañeira Ana móstranos dous experimentos:

- Un para coñecer o volume que ocupa unha botella.




 - Dous exemplos de mesturas (unha homoxénea e outra heteroxénea).





















Non hai mellor método de aprendizaxe que a práctica!


miércoles, 24 de abril de 2019

Murais "O Entroido galego"

Por fin presentamos no blog os nosos traballos sobre o Entroido da nosa terra!

Como somos catro equipos, escollimos catro festas representativas do noso Entroido para que cada grupo investigara e realizara un grande mural para logo expoñelo ante o resto da clase. Deste xeito, a repartición do traballo quedou da seguinte maneira:

- Polbos de Conxo: Peliqueiros de Laza
- Os Trasnos: Pantallas de Xinzo de Limia
- Os Galinvestigadores: Cigarróns de Verín
- Os Galicreques: Xenerais do Ulla

Ao vervos traballar ao longo das diferentes sesións direi que aínda nos queda camiño por mellorar no traballo cooperativo e moito que aprender, pero tamén é verdade que vin moitas melloras en cada un dos equipos.

Aquí vos deixo algunhas fotos do longo proceso e o bonito que queda exposto no corredoiro, que por certo, xa houbo profes que nos deron os parabéns polo bonito que o temos decorado cos nosos traballos! 👌😊👏👏👏














martes, 23 de abril de 2019

Día do libro

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro! 📖

Este día é un dos favoritos para os lectores/as, xa que se fan actividades culturais e de lecer, importantes feiras, descontos nas librarías..

Dende a biblioteca da nosa escola celebrámolo cun pequeno agasallo, un libriño para cada neno e nena do cole! 👏👏👏📚




Ademais, no recreo puidestes sacar libros para ler ao patio (pena do mal tempo...).





















Tamén houbo un mural para que os nenos e nenas escribisen o que para eles/as era un libro. Por non ter clase con vós despois do recreo non vos puiden informar, pero mañá se segue exposto poderedes ir a escribir quen o desexe. 👍😉


Gozade das vosas lecturas rapaces e rapazas! 📚😍


viernes, 12 de abril de 2019

Visita do CIAC

Hoxe tivemos o último día de clase antes das vacacións de Semana Santa. Para rematar presentamos experimentos, traballos, libros e os murais do entroido galego que máis adiante mostraremos no blog.

Despois do recreo tivemos unha visita sorpresa do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC). Xa os coñeciamos do ano pasado cando fumos ao parque de Belvís unha mañá enteira para aprender sobre as zonas verdes da nosa cidade e rematamos xogando a unha xincana por todo o parque. Acordádesvos?

Desta vez, foron uns monitores/as do CIAC os que viñeron ao noso colexio para que xogásemos a un xogo de temática medioambiental para así concierciarnos un pouquiño máis sobre a importancia de coidar o noso planeta. Desta maneira, formamos dous grupos para realizar mellor a actividade. Un grupo quedou na clase mentres o outro foi á biblioteca.








Ao rematar a sesión, dous compoñentes de cada grupo (Héctor-Sirius por unha banda e Clara-Xabi pola outra) explicaron nun vídeo en que consistiu a actividade.

jueves, 11 de abril de 2019

I want to break free (Queen)

Aquí tedes o vídeo que nos recomeda a nosa compañeira Noa: "I want to break free" de Queen!


Biografía de Freddy Mercury (Noa)

Un día encontreime a Noa nunha libraría e contoume que andaba indecisa á hora de comprar un libro.

- "Non sei que facer! Dubido entre Freddy Mercury, Frida Khalo ou David Bowie..." - Comentoume con certo nerviosismo.

Bueno Noa, benvida ao clube! A min pásame constantemente, chegar a unha libraría e dubidar entre dous, tres, catro... libros e ás veces incluso acabo marchando sen ningún! 😅

O caso é que ao final si se decidiu. Adquiriu unha biografía de Freddy Mercury, o cantante de Queen. Días despois, levouno ao colexio e contounos a todos e a todas un resumo da súa vida. Sabía un montón de datos, as súas distintas épocas, cancións, roupa ou anécdotas sobre o artista e aprendimos un montón! 👨🎤🎶🎵

Bravo Noa! Coma sempre gracias por compartir as túas lecturas. Tes un gusto excelente á hora de elexilas. 👌📚 



miércoles, 10 de abril de 2019

Libros de adiviñas (Gorka)

Gorka segue a mostrar e recomendar libros para o noso grupo-clase!

Desta vez dous libros tanto del como do seu irmán Xurxo. Son libros cun montón de adiviñas moi chulas. Gorka leunos un par delas e acertáchedes!

As adiviñas son fantásticas como diversión, coñecemento popular e para exercitar o noso cerebro porque fannos pensar. 👍😉


martes, 9 de abril de 2019

Experimentos (Sirius)

Ao igual que Uxía, o noso compañeiro Sirius traballou na casa entre baterías e cables para "ver a luz"! Deixemos que nolo explique el mesmo. 💡

A bombilla caseira

A miña "creación" funciona a base da enerxía dunha pila.

Os materiais para construila son moi fáciles de conseguir:

- Unha pila mediana para usar como enerxía.
- Unha bombilla extra pequena.
- Un cable de cobre para transmitir a enerxía ata a pila.
- Un rolo de celo para "asegurar" o cable de cobre para que non se caiga.

Construila é moi doado. Explicareino en varios pasos:

1º paso: collemos a pila, o cable de cobre e a bombilla.

2º paso: enganchamos o cable de cobre á pila.

3º paso: cun rolo de celo aseguramos o cable á pila.
(todo excepto a parte inferior da pila...)

4º paso: colle o cable (pegado á pila claro), o celo e a bombilla. Colle o outro extremo do cable de cobre, xúntao ao centro da bombilla (verás como se encende), agora colle o celo e "asegura" a pila (xunto ao cable de cobre) para que non se mova.

5ºpaso: agora disfruta da túa bombilla caseira! (en realidade non da tanta luz 😅😅😅)

Sirius



lunes, 8 de abril de 2019

Experimentos (Uxía)

Hoxe, máis que un invento falamos dun experimento que a nosa compañeira Uxía probou facer na casa e que quixo compartir con todos nós. Ela váinolo explicar.

O ovo xelatinoso e saltarín

Isto trata de meter nun bote un ovo cru. Collemos vinagre e botamos no bote ata cubrir totalmente o ovo. Tapamos o bote e esperamos 48h, é dicir, dous días. Durante ese tempo aparecen  burbullas e o vinagre, que é un ácido, desfai a cáscara do ovo. Ao pasar o tempo destapamos o bote, sacamos o ovo con coidado e o lavamos con auga quente (usar uns guantes porque da un pouco de grima...). Ao lavar cae unha capa branca que tedes que quitar con moito coidado. Finalmente vades a ver que o ovo é un pouco máis  grande porque o vinagre filtrou e pasou ao interior do ovo, a súa membrana fíxose elástica e é xelatinoso. 

O ovo bota, pero non o lancedes moi alto, nin moi forte, porque senón rompe! E con isto acabou este experimento tan curioso.  

Ata a próxima! 😉

Uxía


viernes, 5 de abril de 2019

Precepto de abril

Seguimos cos preceptos segundo o que imos falando e debatindo sobre o libro de Wonder.

O precepto de abril é...

A AMIZADE É A FAMILIA QUE ELIXES


jueves, 4 de abril de 2019

Eco-inventos! (Sabela)

Encantounos o sistema de invernadoiro que creou Sabela para plantar na nosa casa!
Ela mesma nolo explica.

O CRECEPLANTA 3.000

O Creceplanta 3.000 é un ivernadoiro en miniatura que permite á planta, cando aínda é pequena, crecer máis rápido e protexerse do medio grazas á media botella de plástico.

Está formado por:

-Unha botella de leite. 
-Terra.
-Unha semente.
-Un cacharrito.
-Unha botella de plástico.

QUE FACER:

Cortar a botella de leite e a de plástico á metade, só imos utilizar a parte de abaixo, a de arriba podedes aproveitala para outra cousa.

Pon a media botella de leite enriba do cacharrito, pero antes, facémoslle uns buratos á botella de leite, logo á de plástico.

Agora pon terra e unha semente á media botella de leite, tapámola coa outra media botella de plástico e so falta agardar. 🌱😉

Sabela


miércoles, 3 de abril de 2019

Eco-inventos! (Alessia)

O invento que trouxo Alessia sorprendeunos a todos polo sinxelo e polo práctico que é!
Atentos/as a súa explicación para facelo na casa. 😉

VELA ECOLÓGICA 

Hoy vamos hacer una vela ecológica!

INGREDIENTES :

- Aceite (puede ser el que usted quiera).
- Una naranja.
- Una botella de cualquier tamaño.
- Papel higiénico.

PROCEDIMIENTO :

1. Coge la naranja y pártela por la mitad;limpia la naranja por dentro.
2. La parte de abajo de donde se sostiene la botella hay que cortarla con forma de un círculo.
3. Coge un cuadrado de papel higiénico y enróllalo.
4. El aceite tienes que ponerlo dentro  por lo menos hasta la mitad.
5. Después de cortar la parte de abajo de la botella, vamos a hacer un pequeño agujero en el medio de la botella.
6. El papel enrollado lo ponemos en el hueco que hicimos en la botella.
7. El papel enrollado en la botella lo ponen encima de la naranja con aceite.
8. Ahora ya podemos prender nuestra vela ecológica.

Espero que disfruten de su vela! 😊

Alessia



martes, 2 de abril de 2019

Eco-inventos! (Simón Gestal)

Seguimos cos nosos inventos ecolóxicos!

O turno é de Simón Gestal, que nos vai a explicar un método para coller o papel hixiénico. Que conste que na clase xa o estamos a utilizar fai varias semanas. 👍😜

Envase para gardar o papel hixiénico

Paso 1: Cortamos unha botella vacía de auga, zume ou refresco á mitade.

Paso 2: Collemos un rollo de papel hixiénico y sacamos o cartón do seu interior.

Paso 3: Metemos o rollo de papel na parte de abaixo, tapámola encaixando a parte de arriba sen tapón.

Paso 4: Pola boca da botella sacamos o papel que necesitamos!

É unha maneira de reutilizar outros materiais para dintintos fins. 😉

Simón Gestal


lunes, 1 de abril de 2019

Eco-inventos! (Gorka)

Moito falamos na clase do coidado do medio que nos rodea e da importancia da súa conservación.

Cada día aparecen novas sobre o medio ambiente por mor da falta de conciencia dos seres humanos: incendios, plásticos no mar, fábricas contaminantes, mareas negras, vertedoiros ilegais...

En Ciencias Naturais estudiamos un tipo de barrio moi característico, os ecobarrios, que se dan cada vez máis nas cidades. Estes barrios ecolóxicos buscan unha maneira máis sostible de vivir, por medio de diferentes medidas: uso da bicicleta, aproveitamento da auga da chuvia, paneis solares nos tellados, xardíns e parques ao seu arredor...

Na clase de 4ºA dímoslle voltas e voltas á cabeciña para crear os nosos propios inventos ecolóxicos. A idea orixinal era facer un libriño de inventos, pero cal foi a miña sorpresa que moitos de vós construíchedes os vosos propios inventos! 😍👏👏👏

O primeiro en comezar é Gorka que nos trouxo unha cociña ecolóxica!

A cociña ecolóxica

Esta é unha cociña que está cuberta de papel de aluminio para que o sol reflexe nela e que dentro da cociña se acumule calor. Trátase dunha caixa que por fóra pintámola de negro porque o negro absorve a calor e isto axuda a que a cociña sexa máis eficiente. Por dentro, ten que poñerse un recipiente onde van os alimentos e debe de taparse o interior da cociña con metacrilato, vidro ou plástico duro e transparente. Desta maneira, a calor concéntrase no interior. É unha maneira de cociñar sen ter que gastar enerxía e utilízase para cociñar ou quentar a comida. 

Cociñar coa enerxía renovable do Sol!

Gorka