viernes, 12 de abril de 2019

Visita do CIAC

Hoxe tivemos o último día de clase antes das vacacións de Semana Santa. Para rematar presentamos experimentos, traballos, libros e os murais do entroido galego que máis adiante mostraremos no blog.

Despois do recreo tivemos unha visita sorpresa do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC). Xa os coñeciamos do ano pasado cando fumos ao parque de Belvís unha mañá enteira para aprender sobre as zonas verdes da nosa cidade e rematamos xogando a unha xincana por todo o parque. Acordádesvos?

Desta vez, foron uns monitores/as do CIAC os que viñeron ao noso colexio para que xogásemos a un xogo de temática medioambiental para así concierciarnos un pouquiño máis sobre a importancia de coidar o noso planeta. Desta maneira, formamos dous grupos para realizar mellor a actividade. Un grupo quedou na clase mentres o outro foi á biblioteca.








Ao rematar a sesión, dous compoñentes de cada grupo (Héctor-Sirius por unha banda e Clara-Xabi pola outra) explicaron nun vídeo en que consistiu a actividade.

2 comentarios:

  1. Esta clase foi moi divertida👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽, aprendin moitas cousas, paseino moi ben...Clara e Xabi teñen razón tivemos unha sorpresa, que cada vez que compramos material había menos árbores😣😣😣😣😣A rapaza preguntou qué nos pareceu esa actividade e eu dixenlle que foi moi divertida pero á vez triste porque acabamos coas árbores😥😥😥....
    O meu grupo (Ana, Alessia e eu) compartimos con Gorka e Clara os materiais, somos vos veciños,....jajaja🤣🤣😂😂.
    Ata a volta.
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  2. Claro que si, veciña!! 👍🏻O que precisedes!!!🤣🤣😂😂
    Non nos demos conta dese detalle, de que cada vez que comprabamos, cortabamos máis árbores e iso non está ben.😭😭
    Foi unha clase divertita e entretida, e aprendín que esto foi un xogo pero na realidade ocorre esto e é moi triste e preocupante, porque estamonos quedando sen árbores, e iso non pode ser. 🌳🌳🌲
    Para o ano,nós imos plantar uns carballos na casa para despois trasplantar no monte.🌳🌳
    Ata a volta. Boas vacacións a todos!!😉
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar