martes, 23 de abril de 2019

Día do libro

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro! 📖

Este día é un dos favoritos para os lectores/as, xa que se fan actividades culturais e de lecer, importantes feiras, descontos nas librarías..

Dende a biblioteca da nosa escola celebrámolo cun pequeno agasallo, un libriño para cada neno e nena do cole! 👏👏👏📚




Ademais, no recreo puidestes sacar libros para ler ao patio (pena do mal tempo...).





















Tamén houbo un mural para que os nenos e nenas escribisen o que para eles/as era un libro. Por non ter clase con vós despois do recreo non vos puiden informar, pero mañá se segue exposto poderedes ir a escribir quen o desexe. 👍😉


Gozade das vosas lecturas rapaces e rapazas! 📚😍


4 comentarios:

  1. Que ben que siga o mural mañá, porque hoxe non me deu tempo a escribir con tanta xente que había, e xando había menos tocou o timbre😫😫😫😫
    A ver se teño máis sorte maña
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  2. Eu encárgome Uxía. 👍🏼😉

    ResponderEliminar
  3. A mín non me deu tempo de escribir no mural porque había moita xente. A ver se hoxe teño máis sorte.🤞🏻
    Por certo, onte deiteime moi cedo porque estaba moi canso😴😴 e cando me deitei aínda non había nada no blog.
    Bos días.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  4. Jajajaja, si... onte escribín algo tarde. 😅
    Xa viches que hoxe puidemos facelo. 👌🏼😊

    ResponderEliminar