miércoles, 24 de abril de 2019

Murais "O Entroido galego"

Por fin presentamos no blog os nosos traballos sobre o Entroido da nosa terra!

Como somos catro equipos, escollimos catro festas representativas do noso Entroido para que cada grupo investigara e realizara un grande mural para logo expoñelo ante o resto da clase. Deste xeito, a repartición do traballo quedou da seguinte maneira:

- Polbos de Conxo: Peliqueiros de Laza
- Os Trasnos: Pantallas de Xinzo de Limia
- Os Galinvestigadores: Cigarróns de Verín
- Os Galicreques: Xenerais do Ulla

Ao vervos traballar ao longo das diferentes sesións direi que aínda nos queda camiño por mellorar no traballo cooperativo e moito que aprender, pero tamén é verdade que vin moitas melloras en cada un dos equipos.

Aquí vos deixo algunhas fotos do longo proceso e o bonito que queda exposto no corredoiro, que por certo, xa houbo profes que nos deron os parabéns polo bonito que o temos decorado cos nosos traballos! 👌😊👏👏👏














4 comentarios:

  1. Gústame traballar en equipo. Nós discutimos bastante, pero ao final conseguimos amañalo.😀 Co traballo dos ríos xunto co do Entroido queda moi ben. 🌊🎭E unha pregunta: cando vamos a empezar a facer o traballo dos monumentos importantes de Galicia?🤷‍♂️
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro Gorka, discutir no proceso de traballo é normal, pero sempre dende o respecto para acadar un acordo entre o equipo.😉
      O venres falaremos dos novos proxectos de Galicia! 👍🏼😊

      Eliminar
  2. Si que aprendimos moito do entroido🤩🤩🤔🤔 ...Parabéns a todos os equipos (murais) o fixechedes todos moi ben👏👏👏, os quedou moi chulos🤩🤩... Notase dos erros que fixemos a outra vez e agora neste mural o melloramos todos... A min gustame estos traballlos de ríos, entroidos... porque aprendemos moito facendoó. Parabéns a todos eee...
    Ata mañá🤗🤗🌟⭐
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  3. Que ben que che guste Uxía! 👏🏼👏🏼👏🏼🤩
    Fixéchelo moi ben e no seguinte melloraremos aínda máis! 😉
    Vémonos mañá! 👌🏼😊

    ResponderEliminar