martes, 30 de abril de 2019

Visita de Paula Carballeira

Onte, luns 29 de maio, visitounos Paula Carballeira, autora de "Bruxa e familia", libro que limos durante as vacacións de Semana Santa.

Parece que o libro triunfou, xa que moitos de vós comentastes o moito que vos gustou o libro, pero penso que a visita máis todavía, polas vosas risas durante a charla. A verdade é que Paula Carballeira, ademais de boa escritora, é toda unha "entertainment" e con ela tes asegurado pasar un bo rato!

Ao rematar, con moita amabilidade, firmou os nosos exemplares e como agradecemento fixémoslle un debuxo adicado polos alumnos e alumnas de 4º.

Sempre é un luxo poder coñecer autores/as dos libros que lemos e poder escoitar as súas historias, preguntarlles dúbidas, que nos conten curiosidades, botar unhas risas... 😄

Espero que gozárades do encontro con ela! 😉📚








6 comentarios:

  1. Foi unha visita moi interesante. Partirme de risa co que decía Paula Carballeira. Encantoume!!🤣😍
    Eu coñecina un día en Follas Novas e a miña sorpresa foi que ela acordábase de min!!!👏🏻👏🏻👏🏻 E firmoume o libro para min e para Xurxo.📝✍🏻😜
    Tamén me dixo meu pai que coincidira con ela nunha serie, en Viradeira.
    Feliz descanso mañá, ata o xoves.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Vexo que vos gustou a visita!
      E ti tiveches doble sesión con ela! 👌🏼😊
      👏🏼👏🏼👏🏼🤩

      Eliminar
  2. Estivo moi guai!!! Lía, Gorka e eu nos partiamos de risa con ela 😂😂🤣🤣🤪🤪e Lía dixome que tiña a cara dunha bruxa e Gorka e eu fixabamos e si os ollos como unha bruxa, o nariz tamén toda a cara dela.... Ademais dixonos que a súa avoa era unha bruxa.
    Paula Carballeira ė superdivertida😍😍😍.
    Aleixo contestei o dos verbos no tema de capitana Marvel.
    Ata mañá.
    Son ✌xī✊

    ResponderEliminar
  3. Xa vin o teu comentario Uxía. 👍🏼😉
    Paula é unha bruxa ben simpática! 🤣😂🤣😂

    ResponderEliminar
  4. Si oh!! Moi ben o pasamos!! 🤣🤣🤣😂😂E que parecía talmente unha bruxa pero das boas e das simpáticas.😃
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar