lunes, 29 de abril de 2019

A capitana Marvel (Uxía)

O alumnado de 4ºA segue a recomendar as súas lecturas favoritas!

Nesta ocasión é a nosa compañeira Uxía quen nos fala dun libro baseado na película "A Capitana Marvel", que no seu cumpreanos foi ver ao cine.

Por fin saen máis heroínas no mundo da banda deseñada para facerlle compañía á Muller Marabilla!


6 comentarios:

  1. Superheroínas ao poder!!! 💪🏻Eu teño un libro de Pioneiras galegas que xa levarei a clase outro día.
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. De pioneiras galegas teño o meu na clase Gorka. Mañá miramos se é o mesmo. 👍🏼😉

      Eliminar
  2. Ola Aleixo,como mañá non hai cole e non sei como decircho, na folla dos verbos de galego que nos deches na clase no pretėrito de saltar el/ela debería ser "saltou".🤔🤔🤔.
    E no prėterito de beber non sería tamén nós bebemos e vós bebestes? Ou vale tamėn como puxeches ti e valen as dúas formas?🤔🤔🤔🤔
    Xa sei que este non é o sitio pero e por si o ves antes do examen e podes contestar.
    Son ✌xí✊.

    ResponderEliminar
  3. Pois o que pos ti, Uxía, é correcto. Non sei o que escribín eu... isto pasa por facelo na clase con vós e estar a mil cousas... 😅
    Mañá colgarei a lista no blog para que non haxa confusións. Se me fas o favor de escribir cales eran os verbos por se non os recordo ben agradeceríacho Uxía. 😉

    ResponderEliminar
  4. Bos días Aleixo os verbos son: saltar,baber e rir e por certo en presente de El Ela, puxestes ir e en vez de el ri, aqui xa me din conta que fora un despiste 😉, pero os outros tiña dudas. Xa repasamos onte na casa e creemos que non hai máis.
    Calquera se despista pero como temos o examen era por si nos confundíamos.
    Hoxe non se pode traballar moito que ė o día do traballo😂😂😂😂😉
    Ata mañá
    Son ✌xí✊.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bos día Uxía!
      Ese é un despiste moi típico meu no ordenador, intercambiar letras... 🤦🏻‍♂️
      Xa puxen a lista no blog. Espero que non haxa máis erros...
      Vémonos mañá!
      Gracias polo aviso! 👍🏼😉

      Eliminar