martes, 9 de abril de 2019

Experimentos (Sirius)

Ao igual que Uxía, o noso compañeiro Sirius traballou na casa entre baterías e cables para "ver a luz"! Deixemos que nolo explique el mesmo. 💡

A bombilla caseira

A miña "creación" funciona a base da enerxía dunha pila.

Os materiais para construila son moi fáciles de conseguir:

- Unha pila mediana para usar como enerxía.
- Unha bombilla extra pequena.
- Un cable de cobre para transmitir a enerxía ata a pila.
- Un rolo de celo para "asegurar" o cable de cobre para que non se caiga.

Construila é moi doado. Explicareino en varios pasos:

1º paso: collemos a pila, o cable de cobre e a bombilla.

2º paso: enganchamos o cable de cobre á pila.

3º paso: cun rolo de celo aseguramos o cable á pila.
(todo excepto a parte inferior da pila...)

4º paso: colle o cable (pegado á pila claro), o celo e a bombilla. Colle o outro extremo do cable de cobre, xúntao ao centro da bombilla (verás como se encende), agora colle o celo e "asegura" a pila (xunto ao cable de cobre) para que non se mova.

5ºpaso: agora disfruta da túa bombilla caseira! (en realidade non da tanta luz 😅😅😅)

Sirius



10 comentarios:

  1. Gustoume o teu experimento Sirius. 👏🏻👏🏻👏🏻 Igual se estivera todo apagado alumearía máis.💡
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  2. Si Gorka,pero... ao ser unha bombilla tan pequna non alumbra tanto... estivo moi ben ademais eu cando a vin sorprendeume.
    Ata maña...😥🤢🤧🤧🤮😰😰🤒🤒
    Adiviño que con iso Aleixo xa sabes que pasou...
    Son ✌xí✊.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moito ánimo Uxía!
      Recupérate pronto. 💪🏻😉

      Eliminar
  3. É incrible!!!Eu alucino co que fixo Sirius!!!É moi creativo.
    Noa.
    PD :É un bo invento

    ResponderEliminar
  4. Sirius sempre foi moi creativo! 💡👌🏼😊

    ResponderEliminar
  5. Si ,sempre foi así !
    Noa

    ResponderEliminar
  6. E verdade Noa,Sirius inventa cada cousa que puff!!!
    Ata logo
    Elías

    ResponderEliminar