lunes, 8 de abril de 2019

Experimentos (Uxía)

Hoxe, máis que un invento falamos dun experimento que a nosa compañeira Uxía probou facer na casa e que quixo compartir con todos nós. Ela váinolo explicar.

O ovo xelatinoso e saltarín

Isto trata de meter nun bote un ovo cru. Collemos vinagre e botamos no bote ata cubrir totalmente o ovo. Tapamos o bote e esperamos 48h, é dicir, dous días. Durante ese tempo aparecen  burbullas e o vinagre, que é un ácido, desfai a cáscara do ovo. Ao pasar o tempo destapamos o bote, sacamos o ovo con coidado e o lavamos con auga quente (usar uns guantes porque da un pouco de grima...). Ao lavar cae unha capa branca que tedes que quitar con moito coidado. Finalmente vades a ver que o ovo é un pouco máis  grande porque o vinagre filtrou e pasou ao interior do ovo, a súa membrana fíxose elástica e é xelatinoso. 

O ovo bota, pero non o lancedes moi alto, nin moi forte, porque senón rompe! E con isto acabou este experimento tan curioso.  

Ata a próxima! 😉

Uxía


10 comentarios:

  1. É un experimento moi curioso Uxía. E se rompe agora, tería a mesma cor que un ovo normal?🤔 Eu sei outro experimento parecido ao teu, tamén co ovo, que atopei nun libro de experimentos.🥚
    Esta semana levo o libro e xa o ves.📕
    Aleixo, se me deixas levo o libro un día desta semana, o día que ti me digas, pero mañá no, deixa pasar o exame, e fago un pequeno experimento, moi fácil.👨‍🔬
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben Gorka!👌🏼
      Podes facelo o mércores ou o xoves. Xa me dirás ti. 👍🏼😉

      Eliminar
  2. Ola Gorka! Ao romper o ovo, por dentro é da mesma cor, pero ten un pouco de vinagre dentro e ole moito a vinagre...
    A min o que máis me gustou foi como bota, como unha pelota saltarina.
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estivo moi chulo Uxía!👏🏼👏🏼👏🏼😊

      Eliminar
  3. Vale, pois fágoo o xoves. Grazas.😊
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  4. Vouno intentar en SEMANA SANTA .É con sorte , funcionara .É agora que o penso ,aprndín un novo uso do ovo !Claro ,que non fose comelo ...
    Noa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este ovo de Uxía non invitaba a comelo, xa o seu olor... 😅😅😅
      Pero dende logo é moi divertido manipulalo! 🥚

      Eliminar
  5. Non ,Aleixo .Non comelo despois de 2 días en vinagre non ,COCIÑADO .
    NOA

    ResponderEliminar