sábado, 18 de abril de 2020

Circo do Sol

Fai semanas unha nena do meu anterior colexio, Uxía, falaba no apartado de Falemos! con moito entusiasmo sobre o Circo do Sol (Cirque du Soleil), xa que asistira a un espectáculo en Santiago.

O Circo do Sol é un espectáculo circense diferente e orixinal, que invita a adentrarse nun mundo de fantasía a través de diferentes números con música en directo e cunha historia e temática de fondo.
É moi recomendable para pequenos e maiores!

Durante este confinamento están a compartir nas redes diferentes espectáculos e pensamos partillalo neste espazo para amenizar estas difíciles semanas.

Espero que o gocedes dende a casa! 😉

9 comentarios:

  1. Hola Aleixo son Ana a min encantame o circo do sol fun varias veces a Coruña e tamen fun a Santiago velo. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Ana!
      Pois xa somos dous que o vimos na Coruña e en Santiago.😉
      Esta última vez non puiden ir, pero si en anteriores ocasións.
      É unha marabilla!🤩
      Bicos Ana!

      Eliminar
  2. Que chulo está o vídeo!! Eu tamén o fun ver na Coruña e en Santiago pero esta vez tampouco puiden ir.😢😢

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Está xenial, si. 👍🏼😉
      Non sempre se pode ir a todo, verdade? 😅

      Eliminar
    2. Alégrome que che gustara!
      Por certo... quen eres? 😁

      Eliminar
  3. Pos eu fun a santiago,por primeira vez .
    Bicos

    Nuria.

    ResponderEliminar
  4. Ola Aleixo eu tamén fun ao Circo do Sol, en Santiago. Molou mooooiiiitooooooo!!!!!🤩🤩. Todo me gustou unhas cousas máis que outra (claro). Es máis creo que xa cho dixen. Só fun ao de Santiago e intentarei ir máis. É unha pena que non puideras ir porque en cada sitio, é diferente.
    Son ✌xí✊ (CEIP Quiroga Palacios).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Uxía!
      Intentei contactar contigo por e-mail, pero perdín o teu enderezo e o da túa nai... 🤦🏻‍♂️
      Era para avisarte deste vídeo, pero xa vexo que segues a blog, que alegría! 😊
      Espero que estedes ben!
      Eu xa vin tres espectáculos do Circo do Sol e aínda que non é o mesmo velo na tele, hai imaxes que son chulísimas gracias ás cámaras de TV.
      Moitos bicos Uxía... e para Lucas, María e Darío! 🥰🌈

      Eliminar